martes, 29 de xaneiro de 2013

MANIFESTO CONTRA A LOMCE

Adxuntamos o manifesto que acompañará ás mobilizacións convocadas en toda Galicia para o 31 de xaneiro. Convoca a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que como sabedes, formamos parte. Apoiamos por tanto estás mobilizacións pola retirada da LOMCE e animámosvos a participar. 

CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓN CONTRA A LOMCE

domingo, 20 de xaneiro de 2013

PATINAXE PARA ADULTOS 


O pasado mércores 16, comenzaron as clases de patinaxe para os pais, nais e outros "maiores" no CEIP Recimil. Pasáronno moi ben  e esperan que se anoten algúns máis. 
Recordade os interesados que as clases son os mércores de 18 a 19 horas e que hai que traer o equipamento necesario: casco, codeiras, rodilleiras, ... e, por suposto, os patíns !!! A cuota é de 15 euros. 
Pode anotarse nesta actividade calqueira persoa, aínda que non teña fill@s no cole. 



CALENDARIOS 2013


Queremos agradecervos a a boa aceptación que tiveron os calendarios !!!! Recordade que os cartos recaudados serán para a convivenia de fin de curso que esperamos facer para tódolos nen@s do cole.
Recordamos ás familias que aínda non o aboaron, a boa vontade de pasare a abonalo ou mandalo de volta ao cole polos nen@s.