xoves, 20 de xuño de 2013

O CHÁNDAL DO COLE                                                  





POR FIN O NOSO COLE VAI TER CHÁNDAL !!!

Informámosvos que de cara o vindeiro curso 2013-14, tódolos que queirades ter o chándal do cole, tedes a opción de encargalo. O prezo será de 30 euros e levará bordado o nome do cole , o escudo ( que está pendente de modificarse ) e poderase personalizar co nome de cada nen@.
O chándal estará exposto a partir de mañá na entrada do cole. Para máis información preguntade na Anpa.
Esperamos que vos guste a nosa iniciativa  !

CÓMO MERCO O CHÁNDAL DO COLE?

Tod@s @s que querades mercar o chándal do cole, teredes que ir a unha tenda que se chama "Solucione",  que está na Rúa Nova de Caranza nº 153. Alí xa vos aclaran as dúbidas e vos ensinan as distintas tallas. 

 Qué guapiñ@s van estar os nosos nenos co...  CHANDAL DO COLE!!!


CAMPAÑA PRÉSTAMO DE LIBROS 
Curso 2013-2014
     
                                   

Prestamo Libros Curso 2013-14 by anparecimil

luns, 10 de xuño de 2013

XORNADA DE CONVIVENCIA DO ANPA 






O vindeiro sábado 22 de Xuño terá lugar a Convivencia de familias nas instalacións da empresa Motus ( no concello de Neda ó carón do río Belelle ) . Este evento está aberto a tódalas familias do centro,pero os non soci@s teredes que aboar 3 euros por persoa. 

Cada familia encargarase de levar o seu xantar!!

( O uso das instalacións será de 12:00 a 19:00 h aproximadamente )

Para anotarse tedes que pasar polo local da Anpa, mandar un e-mail a: anparecimil@gmail.com ou ben pasar pola Secretaría do cole ( especificar cantos adultos e cantos nen@s ides ir ).



luns, 3 de xuño de 2013

Ahí estamos nós tamén




AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAS CURRICULARES E MATERIAL DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO. CURSO 2013-14 

O prazo para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive. Hai outros prazos para o alumnado de outras etapas. 

Preme aquí para acceder a toda a información.


Tamén seguiremos coa campaña de préstamo de libros que comenzamos o curso pasado na ANPA debido aos recortes nestas axudas. Informaremos próximamente.


sábado, 1 de xuño de 2013







ASAMBLEA  XERAL  

EXTRAORDINARIA 

SOCI@S  " ANPA RECIMIL " 




Comunícase @s soci@s da Anpa Recimil a convocatoria dunha Asamblea Extraordinaria que terá lugar o vindeiro martes día   4 de Xuño ás 16:00h, en primeira convocatoria, e ás 16:30h en segunda convocatoria.

Lugar de celebración: aula de música.

      ORDE DE DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior Asamblea Extraordinaria .
2. Estado de contas e actividades da Anpa.
3. Convivencia.
4. Información sobre as actividades extraescolares para o curso 2013-14.
5. Información sobre as obras previstas para a reparación do cole.
6. Rogos e preguntas.

Como sempre, tódol@s pais e nais, ainda que non sexades soci@s, estades invitad@s. 




* ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES*

Recordámosvos que o venres 31 de maio foi o ultimo día de actividades extraescolares deste curso. Así que o mes de xuño non haberá que vir!!! Cheira esto xa a vacacións!!

Un saúdo.


* CARGA DE DIGNIDADE*

 Informámosvos de que este* domingo día 2 de xuño de 11:00 a 14:00 h*, na  porta do Asteleiro ,terá lugar un acto reivindicativo de Apoio ó Sector Naval. Está convocado por artistas e creadores agrupados en* Radio* *Buguina*.

Fan un chamamento a toda a poboación para facer un monumento á Dignidade con pezas de roupa ( camisolas, buzos, traxes, roupas de nenos...) Haberá música e radio en vivo!!!

Dende a nosa Anpa fixemos unha pancarta de apoio que está pendurada na entrada principal do cole.