martes, 30 de setembro de 2014



O PASADO LUNS 29 QUEDOU ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL DO CONCELLO DE 

FERROL,  XOGOTECA.

As solicitudes preséntanse no Rexistro do Concello.



      Deixámosvos  ligazón á noticia   publicada o pasado xoves 25 no periódico dixital Ferrol 360, sobre Becas de comedor 


     Espérase para esta semana a publicación definitiva dos beneficiarios das mesmas. 

xoves, 25 de setembro de 2014

mércores, 17 de setembro de 2014


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO PROGRAMA EDUCATIVO MUNICIPAL CURSO 2014-2015



Inscricións no local da ANPA o martes 23 de 16:30 ás 18:00 horas. Preme na seguinte ligazón para máis información:

https://drive.google.com/file/d/0BzSoy7QGqKVAcHBKZThhT0gyYlpfMG02cDdPdkEtY1djbWpr/edit?usp=sharing


martes, 9 de setembro de 2014

BENVIDA AO CURSO 2014-15

Un curso máis queremos darlle a benvida a toda a comunidade educativa do CEIP RECIMIL, especialmente aos pequerrech@s de 3 anos e as súas familias que xa coñecimos na xuntanza da semana pasada. 
Esperámosvos coma sempre no pequeno local para informar, axudar, prestar libros, etc e contamos con que, xa coas pilas cargadas, colaboredes @s que podades con esta asociación para o que faga falta.
Podedes pasar xa a cubrir a ficha de soci@ para este curso. A cota segue sendo de 15 euros anuais, que vos dará dereito a entrar de balde nos festivais. E recordade que CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS COUSAS FAREMOS. 

MOITO ÁNIMO!!

El Concello impulsa de nuevo este curso los programas “Canta con nós” e “Artellando” - Ferrol - Diario de Ferrol

El Concello impulsa de nuevo este curso los programas “Canta con nós” e “Artellando” - Ferrol - Diario de Ferrol