xoves, 24 de decembro de 2015
domingo, 13 de decembro de 2015
martes, 8 de decembro de 2015
PREPARANDO A FESTA DE NADAL 2015
O
2015 está chegando ao seu fin e dende a ANPA queremos despedir o ano
cunha festa tradicional na que haberá unha representación teatral
do conto do Apalpador, xogos tradicionais, obradoiros e música para
as familias do CEIP Recimil. A festa terá lugar o VENRES 18,
de acordo coas seguintes indicacións:
- O horario será de 17:00 a 19:00 horas, entrando polo portón traseiro do colexio.
- Abrirase a porta cada media hora para permitir a entrada/saída dos asistentes.
- A entrada será de balde para os socios (unha entrada por neno e dúas para adultos acompañantes por familia) e terá un custo de 1€ por persoa para os non socios. Para axilizar o acceso, estas poderán recollerse no local da ANPA (LUNS 14 e XOVES 17 de 9:15 a 9:45 h. ou MÉRCORES 16 de 16:30 a 17:30 h.). De xeito extraordinario, poderanse aboar no momento de acceder ao recinto.
- Todos os nenos terán que vir acompañados dun adulto responsable.
- Sortearase unha cesta de nadal: os boletos para participar poderán adquirirse por valor de 1€ na propia festa.
Animámosvos
a celebrar xuntos a chegada das vacacións de Nadal!
martes, 1 de decembro de 2015
CONCURSO DE IDEAS PARA o LOGOTIPO da ANPA RECIMIL
Ampliamos o prazo ata finais de xaneiro do 2016!
Co
obxecto de deseñar un logotipo para a ANPA Recimil, convocamos este
concurso de ideas entre o alumnado do CEIP Recimil e que se rexerá
polas seguintes
BASES:
-
Poderá participar todo o alumnado do CEIP Recimil, en colaboración
coas súas familias.
-
O deseño do logotipo presentarase en cartolina branca formato DIN-4,
e deberá integrar o texto “ANPA Recimil”.
-
O nome, apelidos e curso do participante ten que indicarse no reverso
do
deseño.
-
Os participantes deixarán as súas propostas no local da ANPA (luns
e xoves de 9:15 a 9:45 horas).
-
O último día de recollida será o martes 15 de decembro.
-
O 18 de decembro farase entrega do premio ó gañador.
-
O xurado estará formado por un representante da ANPA, un
representante dos pais e unha persoa externa ó colexio.
-
Para a seleción da idea gañadora o xurado valorará, máis que a
calidade artística das propostas, o reflexo de valores relacionados
coa participación das familias na educación, en particular os que
fagan referencia as características propias do noso centro: a
integración, multiculturalidade, defensa do ensino público, etc.
-
Baseándose na idea gañadora a ANPA realizará o deseño final do
logotipo, coa finalidade de adaptalo ó seu uso: documentación da
Asociación, selo, deseño gráfico, produtos pormocionais, etc.
Premio:
Consistirá
nun vale de 50 euros para a adquisición de material de papelería e
libraría na Libraría Cortizas.
Recibide
os nosos mellores saúdos... e sorte!
¡¡Ampliado o prazo de presentación ata o 29 de xaneiro!!
A
Xunta Directiva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)