Amosando publicacións coa etiqueta Consello escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Consello escolar. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de novembro de 2016

Eleccións para o Consello Escolar .-






    A Xunta directiva ANPA RECIMIL, anima as nais e pais a presentar CANDIDATURAS para as eleccións ao CONSELLO ESCOLAR co fin de nomear CATRO postos. Dicir que se non hai candidaturas quedará deserto ou sen representación das familias, agás o 5º posto destinado  para a representación directa  da Anpa.

    Lembramos que o prazo de presentación de candidaturas remata este VENRES- 11 de Novembro ate ás 13.30 horas na mesma Secretaría do centro.

   Animámosvos a participar nestas eleccións democráticas deste importante órgano da Comunidade Educativa para os vindeiros 4 anos.

 - Saúdos .-

xoves, 11 de decembro de 2014

CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 

O martes pasado día 9 de novembro quedou constituido o novo Consello Escolar no que algúns membros foron renovados. Os nosos parabéns a Isabel Blas e Santiago Varela elexidos por @s nais e pais do cole como representantes dos mesmos e a noso máis sincero agradecimento aos representantes saíntes, Patricia e José Manuel.

Porén, este curso non é igual que os anteriores, entremedias aprobouse a Lei Orgánica 8/2013 para a mellora da calidade educativa, e nesa Lei modifícanse substancialmente as bases reguladoras deste órgano colexiado.
Os Consellos escolares nacen para dar cobertura ao mandado do art. 27.7 da Constitución, o que di que “os profesores, os pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos, nos termos que a lei estableza”; e esta participación concretábase, entroutras competencias, na aprobación e avaliación do proxecto educativo, das normas de funcionamento, da programación xeral anual, na decisión sobre a admisión de alumnado, na aprobación da obtención de recursos complementarios, etc.
Agora, a nova norma pretende converter ao consello escolar nun órgano simplemente consultivo, excluíndo á comunidade educativa da toma de decisións sobre o seu propio centro.

Dende esta ANPA queremos que este consello continúe funcionando como o órgano de xestión e control deste centro educativo nos límites e competencias que se lle atribuían antes da aprobación da Lei 8/2013, , debatendo e decidindo segundo os resultados votados pola maioría dos membros presentes, reivindicando o seu carácter de representación democrática da comunidade educativa e asumindo, en tanto se respecte este acordo, a responsabilidade das decisións aprobadas conxuntamente coa dirección deste centro educativo. Así o fixemos saber presentando un escrito ao respecto como están a facer outras ANPAS. Veremos en que queda todo esto...





mércores, 2 de xullo de 2014

      DESPEDIDA DO CURSO 2013-14       , ES




Despedímonos xa, satisfeitos polo que foi o curso 13-14 no CEIP RECIMIL e abraiados polo magnífico festival de fin de curso e a tan desexada invitación á nais e pais á dito festival.   Agradecemos ao colexio e aos rapaces esa estupenda despedida e desexámolles o millor aos rapaces de sexto que comenzan unha nova etapa para o curso que ven. 


Entregamos tamén os premios do III Certame de Debuxo Carmen Martín, e dámoslles as nosas felicitacións aos premiados e a tódolos participantes. 







Pero non ocultamos a nosa profunda decepción e indignación ante o rechazo do goberno local a aprobación da moción para esixir á Xunta de Galicia a demanda de retorno á gratuidade universal dos libros de texto e material escolar durante o ensino obrigatorio mediante o sistema de préstamo.
Como sabedes, levamos todo o ano loitando por ese retorno, cos apoios do valedor do pobo, a federación de anpas, consellos escolares, incluído o noso, ...  , atopándonos co falta de apoio no concello de Ferrol. En fín, nós seguimos adiante loitando polo que nos parece xusto. Deixámosvos as ligazóns aos artigos en prensa:

diario de ferrol                 




FELIZ VERÁN!!!

mércores, 11 de xuño de 2014

Xoves 12 de xuño ás 16:30 horas, concentración diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)

A Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, da que esta ANPA forma parte , ten convocada una concentración para esixir a non aplicación da LOMCE


Este é o comunicado de prensa: 

PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO 


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca
unha concentración diante da sede do Consello Escolar de
Galiza para reclamar a paralización dos currículos da LOMCE


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca este xoves
12 de xuño unha concentración diante da sede do Consello Escolar de
Galiza, ás 16:30 h.


Ese día está prevista a reunión do Consello para tratar o currículo da FP Básica
que o Goberno prevé implantar o vindeiro curso escolar. A Plataforma
concéntrase para expresar a súa oposición á LOMCE e esixir a paralización da
súa aplicación, en concreto dos currículos das etapas que pretenden que
entren en vigor o vindeiro curso escolar: FP Básica e primaria, pois estamos
ante uns currículos baseados en principios mercantilistas e academicistas, que
se afastan da nosa realidade cultural e histórica, impregnados de ideoloxía
neoliberal, dos que se desterra a educación en valores, se profunda na
confesionalidade do ensino e se pretende ateigar o alumnado de contidos
inalcanzábeis.

Desde a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público valoramos que a
Consellaría está actuando con precipitación e improvisación, para pregarse aos
ditados do Goberno central. A Plataforma Galega que demanda que non se
aplique a LOMCE en Galiza, considera que nas datas actuais só cabe o
adiamento destes proxectos de decreto, pois moi dificilmente van estar
preparados para seren utilizados polo profesorado no inicio do curso, momento
en que teñen que elaborar as programacións.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG,
CIG-Ensino, Comités, Liga Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPA
de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de
ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS),
Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Agir, Sindicato de
Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas
(FANPO).

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014


martes, 18 de decembro de 2012

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS  PARA O CONSELLO ESCOLAR

           NORABOA  ESTEFANÍA E TERESA !!!!

Como sabedes o 27 de novembro renovouse parcialmente a constitución do consello escolar do noso centro. Entre os  representantes de nais e pais tocaba renovar 2 prazas, e como resultado das votacións do 27 de novembro saíron elexidas:

Estefanía Doce Fernández
Mª Teresa Uriz Castelo

Xúntanse así aos outros 2 representantes de nais e pais, Patricia González Piñón e José Manuel Rodríguez García,  ademáis da representante da ANPA, Carmen Fernández Valdivieso.

Posteriormente o 12 de decembro quedou constituído o Consello Escolar no que ademáis destes 5 representantes nosos, forman parte:
A directora, a xefa de estudos, o secretario, 5 profesores, 1 representante da Administración e Sevicios e 1 representante do Concello.


GRACIAS a todos os participantes neste proceso,  a tódolos candidatos/as, votantes,  así como aos que estiveron na Mesa Electoral.




venres, 23 de novembro de 2012

CONSELLOS ESCOLARES

Moitas grazas a todas e todos os candidatos para as eleccións ao consello escolar do vindeiro martes 27 de novembro. Agora é importantísimo que enchamos as urnas o próximo martes 27 para que os nosos representantes teñan ese respaldo e exerzan despois esa responsabilidade que os pais e nais lles imos otorgar.
Ollade este video sobre a importancia dos consellos escolares. Lamentablemente a lei WERT quere limitar a participación do profesorado e das familias na Educación ao relegar aos Consellos Escloares a un papel meramente consultivo. Pero de momento, ...


mércores, 7 de novembro de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: 
Representantes de pais/nais de alumnos

Nas próximas semanas vaise renovar parte da composición do Consello Escolar. Neste curso compre facer unha renovación no sector de pais/nais de alumnos/as. Calqueira pai/nai que teña ó seu fillo no colexio poderá presentarse para ser elexido. 
Facemos un chamamento ás familias para que se conciencien do importante que é formar parte deste órgano. ANIMÁDEVOS!!



  •  Prazo de presentación de candidaturas:
       Do martes 6 ao luns 12 de novembro
  • Votación:    
      Martes 27 de novembro: 9:10 - 10:30  e  16:15 - 17:30  


INFORMACIÓN DO CEIP "RECIMIL"
Preme aquí:  páxina 1
                      páxina 2