Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2015


Por se non vos chegou a circular de onte ou non a atopades, aquí a tedes para lembraros a importancia de asistir a estes dous importantes eventos: 


CHARLA INFORMATIVA LIBROS DE TEXTO

Convocamos a todas as familias á próxima Charla sobre o sistema de axudas dos libros de texto. Contaremos coa participación do presidente da Federación de Anpas de Ferrolterra Xabier Sanchez. Tentaremos aclarar todas as dúbidas que poidades ter, é moi importante a asistencia de todos para conseguir un sistema gratuito e universal de libros de texto. CHARLA XOVES 18 xuño ás 16 horas.

Convivencia da ANPA

 Invitamos aos todas as familias socias da ANPA a pasar un bonito día todos xuntos. O próximo domingo 21 de xuño no merendeiro A GRANXA en San Sadurniño. Xuntámonos ás 12 horas e cada familia levará o seu xantar. As xornadas de Convivencia enriquecen a formación en valores de todos por eso fagamos un esforzo por asistir.

Aproveitaremos a xornada para facer unha bonita benvida á nova ANPA!!!


mércores, 2 de xullo de 2014

      DESPEDIDA DO CURSO 2013-14       , ES




Despedímonos xa, satisfeitos polo que foi o curso 13-14 no CEIP RECIMIL e abraiados polo magnífico festival de fin de curso e a tan desexada invitación á nais e pais á dito festival.   Agradecemos ao colexio e aos rapaces esa estupenda despedida e desexámolles o millor aos rapaces de sexto que comenzan unha nova etapa para o curso que ven. 


Entregamos tamén os premios do III Certame de Debuxo Carmen Martín, e dámoslles as nosas felicitacións aos premiados e a tódolos participantes. 







Pero non ocultamos a nosa profunda decepción e indignación ante o rechazo do goberno local a aprobación da moción para esixir á Xunta de Galicia a demanda de retorno á gratuidade universal dos libros de texto e material escolar durante o ensino obrigatorio mediante o sistema de préstamo.
Como sabedes, levamos todo o ano loitando por ese retorno, cos apoios do valedor do pobo, a federación de anpas, consellos escolares, incluído o noso, ...  , atopándonos co falta de apoio no concello de Ferrol. En fín, nós seguimos adiante loitando polo que nos parece xusto. Deixámosvos as ligazóns aos artigos en prensa:

diario de ferrol                 




FELIZ VERÁN!!!

domingo, 22 de xuño de 2014

A.N.P.A. " RECIMIL "                                                                                        
Xuño 2014

CAMPAÑA  DE PRÉSTAMO-RECEPCIÓN LIBROS ENTRE FAMILIAS

Esta campaña vai dirixida ós alumnos que pasarán no vindeiro curso 2014-15 para : 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
 "Animámosvos a todos a que participedes nesta campaña que pretende aliviar a economía das familias nun momento tan díficil como é afrontar tódolos gastos do inicio de curso"

TODA FAMILIA QUE QUEIRA PARTICIPAR DEBERÁ ENTREGAR CUBERTO O RESGARDO QUE APARECE Ó FINAL DA CIRCULAR E ENTREGALO XUNTO COS LIBROS PRESTADOS POLA  ANPA O ÚLTIMO DÍA DE CLASE NO PUPITRE  !!!

PEDIMOS ÁS FAMILIAS  DOS NEN@S QUE TERMINAN SEXTO, que altruistamente, doen os seus libros que poderán ser reutilizados para os nen@s de quinto que cursarán sexto o vindeio curso 2014-15.

NOTA: LEMBRADE QUE ESTE ANO, OS LIBROS de 3º e 4º  VIÑAN DIVIDIDOS POR TRIMESTRES E DEBEREDES ENTREGALOS TODOS XUNTOS !!!

Para participar no servizo de préstamo de libros seguiremos a seguinte preferencia :
1 º  Soci@s da Anpa ( os que non sexan soci@s da anpa , poderán facerse no momento de vir recoller os libros )
2 º  Familias doantes de libros

Hai que ter en conta que o máis probable, é que non se reciba o mesmo número de libros que se deixen en préstamo  (esto vai depender da cantidade de libros dos que dispoñamos )  e que o seu estado vai depender dos anos que leven en uso.

¿¿ CANDO PODEDES RECOLLER OS LIBROS ??

MARTES 24 de xuño :  SOCI@S da Anpa de 10:30 h a 12:30 h  ( para recoller libros de 3º,4º, 5º e 6º ). E non soci@s ,pola tarde de 16:00 h a 17:00 h para os nen@s de 3º e 4º.

MÉRCORES 25 de xuño  :   Non soci@s de  5º e 6º curso de 10:30 h a 12:30 h

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
RESGARDO A ENTREGAR CUBERTO  
 ( cubrilo e deixalo xunto cos libros no pupitre o venres día 20 de xuño )

ALUMN@ E CURSO ACTUAL:                      Nº TELEFONO :

NOME PAI/NAI/TITOR:

¿QUERE RECIBIR LIBROS?:                      ¿ SOCI@ DA ANPA ?   

                             FIRMA DO TITOR/A  



sábado, 31 de maio de 2014

AXUDAS LIBROS CURSO 2014-2015




No DOGA do venres 30 de maio, publicouse a convocatoria para solictar as axudas para os libros para o vindeiro curso 2014-2015. Aquí tedes a ligazón a toda a información: 

 http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadsolidaria




CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Informámosvos tamén que no consello escolar municipal do concello de Ferrol  do pasado 23 de maio, aprobouse a petición oficial, por parte de Feanpas de Ferrolterra,  á Xunta de Galicia sobre volta ao sistema de préstamo de libros de texto.

En breve, iniciaranse as reunións cos distintos grupos municipais para levar ao pleno a mesma solicitude.

Lembrámosvos que dita petición xurdiu por iniciativa da confederación de ANPAS GALEGAS, da que formamos parte.

Veremos a ver en que queda todo esto. Seguimos loitando. Saúdos, 


mércores, 26 de febreiro de 2014

CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS

Deixámosvos o enlace á páxina web de ANPAS GALEGAS da que, como sabedes, formamos parte. Interesante a campaña pola gratudidade dos libros de texto.  E ollade tamén  todo o referente a implantación da Lomce, que é sin dúbida a gran preocupación nestes momentos.  

http://www.anpasgalegas.org/


domingo, 23 de febreiro de 2014


PRÉSTAMO DE LIBROS 

Cobertura da campaña  pola volta ao préstamo de libros publicada no Diario de Ferrol o pasado 18 de Febreiro






luns, 1 de xullo de 2013

CAMPAÑA DE PRÉSTAMO DE LIBROS


Agradecemos novamente a coloaboración de todas as familias que deixaron os libros e sentímonos satisfeitos por ese aforro importante para moitas familias. 

ATENCIÓN: Quedan varios lotes de libros de 5º!!!

Pasade polo centro, ainda estades a tempo de solicitalos.


xoves, 20 de xuño de 2013


CAMPAÑA PRÉSTAMO DE LIBROS 
Curso 2013-2014
     
                                   

Prestamo Libros Curso 2013-14 by anparecimil

martes, 3 de xullo de 2012


Satisfacción polo éxito da campaña de préstamo de libros



Nos últimos días do curso puxémonos a organizar esta campaña que, sen dúbida, axudou a aforrar algúns  cartos nestes momentos difíciles. Queremos agradecer a colaboración de todas as familias que se acercaron a doar os seus libros axudando así a outras familias. Estamos satisfeitos e animados a continuar e millorar esta campaña en anos venideros.  
MOITAS GRACIAS   



AVISO

Aquelas familias que quedaron de vir a recoller os libros da campaña de préstamo e ainda non o fixeron,  poden  contactar coa ANPA no noso correo electrónico:  anparecimil@gmail.com

Calqueira dúbida sobre esta campaña pódese igualmente consultar con nós a traves do noso correo. 
Saúdos

mércores, 27 de xuño de 2012


AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS 
DENUNCIA DOS COLEXIOS PÚBLICOS DE FERROL 
A continuación tedes a noticia publicada polo Diario de Ferrol

Los directores de los los colegios públicos de Educación Infantil y Primaria de Ferrol han remitido un escrito al Valedor do Pobo en el que denuncian que el sistema de ayudas de la Consellería de Educación para la compra de libros de texto excluye a un grupo de familias de la posibilidad de acceder a las mismas.
  Se refieren en concreto a los repetidores de 4º de Primaria y a los de 2º y 4º de Educación Secundaria. En dichos cursos, recoge el escrito, cambian los libros de texto y, legalmente, los repetidores no pueden solicitar ayuda, “pois suponse que lles serven os libros que tiveron neste curso escolar, mais os que tiveron este ano non lles serán útiles por ser diferentes aos do curso 2012/2013”. 
  De esta forma, según denuncian los directores de los colegios públicos ferrolanos, “prodúcese un desaguisado xurídico: os repetidores destes niveis escolares non poden optar ás axudas e terán que mercar obrigatoriamente do seu peto os libros, aínda que reúnan todas e cada unha das condicións expresadas na orde”. Es por esto que consideran que si bien la convocatoria de ayudas “trata de ser universal, todas as familias poden optar a elas, implícita e mais explicitamente déixase fóra das posibilidades de optar a todas as familias dos repetidores de 4º de Educación Primaria e aos de 2º e 4º de ESO, o que é inxusto e arbitrario”, afirman.
  El escrito ha sido remitido al Valedor do Pobo para que tome las acciones pertinentes.

mércores, 20 de xuño de 2012

ANPA RECIMIL


CAMPAÑA DE PRÉSTAMO-RECEPCIÓN LIBROS ENTRE FAMILIAS




Circular da ANPA do 19 de xuño 2012:

Solicitamos a colaboración das familias para, dun xeito voluntario, poñer en marcha esta campaña que entendemos pode disminuir os gastos en libros de texto.
Esta campaña vai dirixida, exclusivamente, @s alumn@s que están en 4º, 5º e 6º de Primaria este curso 2011-12 e só recibirán libros @s alumn@s que cursen 5º e 6º de Primaria o próximo curso 2012-13.
Toda familia que queira participar deberá entregar cuberto o resgardo que aparece ó final da circular, xunto cos libros cedidos, excepto 4º, que só deberán entregar o resgardo (sen libros), ás súas titoras.  ...

... Sigue lendo a circular aquí



luns, 4 de xuño de 2012


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2012/13

ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición
de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos
públicos, no curso escolar 2012/2013.

Prazo de presentación de instancias:  para o alumnado de educación primaria e especial, 2 xuño ao 2 xullo, ambos inclusive
Lugar de presentación de instancias:  no centro docente en que estea matriculado o alumnado

Para máis información e instancias preme aquí: DOG do Venres , 1 xuño 2012