Amosando publicacións coa etiqueta Xuntanza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xuntanza. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA DA ANPA

Lembrade que este sábado 14 é a nosa convivencia!

Haberá que estar na Asociación de Veciños de Esmelle ás 10:30 ( pedimos puntualidade por favor). 


Unha vez estemos tod@s, comezará a Ruta guiada polos Muíños. Á volta, xantaremos todos xuntos no local da Asociación. Haberá empanada, tortilla, croquetas e ensaladilla. 

Pagarase a cantidade de 2 euros por persoa.

Un saúdo e esperamos pasalo moi ben!!!



mércores, 4 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA SOCI@S E AMIG@S DA ANPA



O vindeiro día 14 de xuño temos prevista unha visita guiada ós Muiños de Esmelle. Despois de facer a visita, xantaremos no local da asociación veciñal de Esmelle. 
Os interesados deberedes pasar polo local da Anpa ou mandar un correo electrónico dende o mércores 4 de xuño ata o mércores 11 de xuño. Deberase indicar O NOME DO SOCI@ E O Nº DE ASISTENTES. (Por motivos de organización, despois desta data non se poderá anotar ninguén)
En breve enviaremos circular con información máis precisa. 
Veñá, animádevos!!!

domingo, 23 de febreiro de 2014

RECLAMACIÓN A INSPECCIÓN

 O pasado 7 de febreiro esta ANPA, acompañada do presidente da Federación de Anpas Javier Sánchez,  reuníuse coa inspectora  para amosar a nosa preocupación pola insuficiente dotación de profesorado de apoio xa dende o principio do presente curso. Esta situación, ademáis,  veuse incrementada recentemente pola incorporación ao centro dun grupo grande de alumnado, proveniente en moitos casos de situacións sociais desfavorecidas e con grandes necesidades educativas especiais. 

Presentamos un escrito  demandando que se tivera en conta a situación especial deste centro e para que se tomasen medidas inmediatas que incluíran a dotación dos recursos humáns necesarios para evitar o deterioro deste colexio.

 Por outra banda, a dirección do colexio dirixírase tamén polo mesmo motivo á inspectora. 

  Como resultado, informámosvos de que conseguíuse polo menos un profesor máis de apoio a media xornada, o sexa "medio" profesor/a. Valoramos positivamente este incremento, ainda que non estamos de todo satisfeitos pois pensamos que "medio" profesor non é suficiente, por non mencionar o feito de que xa temos "tres medios" profesores que non é o mesmo que 2 profesores ou tan sequera 1 profesor e medio, por moitas matemáticas que nos ensinaran no cole. En fin...

  Pois eso, "medio" satisfeitos e vixiantes. A ver ...



luns, 10 de xuño de 2013

XORNADA DE CONVIVENCIA DO ANPA 






O vindeiro sábado 22 de Xuño terá lugar a Convivencia de familias nas instalacións da empresa Motus ( no concello de Neda ó carón do río Belelle ) . Este evento está aberto a tódalas familias do centro,pero os non soci@s teredes que aboar 3 euros por persoa. 

Cada familia encargarase de levar o seu xantar!!

( O uso das instalacións será de 12:00 a 19:00 h aproximadamente )

Para anotarse tedes que pasar polo local da Anpa, mandar un e-mail a: anparecimil@gmail.com ou ben pasar pola Secretaría do cole ( especificar cantos adultos e cantos nen@s ides ir ).



sábado, 16 de xuño de 2012



SUSPENDIDO O DÍA DE CONVIVENCIA




Sentimos ter que comunicar que se decidíu suspender, definitivamente, por este curso o día de convivencia, previsto para este domingo 17 de xuño.
As previsións do tempo para este día  non son favorables, e as datas restantes ata fin de mes, por razóns diversas, non  permitían a súa organización.
O ano que ven...

ANPA “RECIMIL”





domingo, 10 de xuño de 2012

XUNTANZA FAMILIAS. DOMINGO 17 XUÑO


Como xa leeríades na circular do venres, estamos preparando unha xornada de lecer para o vindeiro domingo 17 de xuño, contando coa participación das familias. Este ano hai varias opcións, así que pedímosvos que mandedes de volta a vosa preferencia e o número de asistentes por familia. Cada familia deberá levar o seu xantar e farase responsable dos seus fill@s. As opcións serían as seguintes:

1- Praia e piñeiral de Cabanas.
2- Area recreativa do Muiño de Pedroso.
3- Clube de Campo Ferrol.

Esperamos a vosa elección, que admitiremos ata o próximo mércores 13 , chegándoa ó noso local,  por correo electrónico, ou a través do blogue premendo abaixo en comentarios.
Enviaráse nova circular a próxima semana para confirmar destiño elixido. Respecto á hora de xuntanza  no destiño, consideramos adecuado en torno ás 11:30 da mañá.
Esperamos a vosa resposta.


Acéptanse suxerencias sobre xogos colectivos a poder desenvolver ou outra idea.


Saúdos, 
ANPA