Amosando publicacións coa etiqueta Doga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Doga. Amosar todas as publicacións

sábado, 31 de maio de 2014

AXUDAS LIBROS CURSO 2014-2015




No DOGA do venres 30 de maio, publicouse a convocatoria para solictar as axudas para os libros para o vindeiro curso 2014-2015. Aquí tedes a ligazón a toda a información: 

 http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadsolidaria




CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Informámosvos tamén que no consello escolar municipal do concello de Ferrol  do pasado 23 de maio, aprobouse a petición oficial, por parte de Feanpas de Ferrolterra,  á Xunta de Galicia sobre volta ao sistema de préstamo de libros de texto.

En breve, iniciaranse as reunións cos distintos grupos municipais para levar ao pleno a mesma solicitude.

Lembrámosvos que dita petición xurdiu por iniciativa da confederación de ANPAS GALEGAS, da que formamos parte.

Veremos a ver en que queda todo esto. Seguimos loitando. Saúdos, 


luns, 4 de xuño de 2012


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2012/13

ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición
de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos
públicos, no curso escolar 2012/2013.

Prazo de presentación de instancias:  para o alumnado de educación primaria e especial, 2 xuño ao 2 xullo, ambos inclusive
Lugar de presentación de instancias:  no centro docente en que estea matriculado o alumnado

Para máis información e instancias preme aquí: DOG do Venres , 1 xuño 2012