- FOLGA XERAL ENSINO -
9 Marzo -2017



Aínda a risco de ser repetitivos, pensamos que é importante facer un pequeno análise recordando o que é a LOMCE o que, ao noso entender, representa e as consecuencias que traerá sobre as nosas fillas e fillos. Primeiramente debemos ter claro que se lle chama LOMCE a unha Lei Orgánica auto-nomeada de “Mellora da Calidade Educativa”, lei que se aprobou no ano 2013 para MODIFICAR a LOE (Lei Orgánica 2/2006 de Educación) que aínda é a lei vixente en materia educativa en España. Polo tanto o que fixo a LOMCE foi modificar un importante número de artigos da LOE co obxectivo final de establecer un determinado modelo educativo, destacamos o tantas veces dito pero que nos parece fundamental ter claro: A LOMCE elimina as competencias decisorias dos Consellos Escolares e os converte en meros órganos de consulta e, ademais, establece un procedemento de selección de directoras/es no que a decisión final resérvase para a Administración educativa, por iso dicimos que é unha Lei ANTIDEMOCRÁTICA; a LOMCE eliminou do currículo a “educación para a cidadanía” e estableceu como materia curricular, mesmo no bacharelato, a “relixión católica”, ademais reduciu drasticamente horas curriculares nas “ciencias sociais” (historia, filosofía, etc...) e nas “materias artísticas”, por iso dicimos que é unha Lei IDEOLÓXIZADA; a LOMCE potencia a educación concertada e permite a educación “diferenciada por sexos”, o que vulnera gravemente o dereito fundamental á igualdade consagrado na Constitución Española, por iso dicimos que é unha Lei SEGREGADORA; a LOMCE eliminou as “adaptacións curriculares” do modelo educativo, ferramenta fundamental para a inclusión educativa, establecendo os chamados “programas de mellora” e creando itinerarios temperás, onde alumnado moi xove (13 ou 14 anos) ten que decidir se vai a optar á liña da “excelencia” ou a liña da “formación profesional”, ademais todo isto acompañado dun escandaloso recorte nos recursos educativos de apoio, por iso dicimos que é unha Lei EXCLUINTE; a LOMCE reserva para o Estado a maioría da programación educativa, invadindo claramente as competencias autonómicas en materia curricular, por iso dicimos que é unha Lei CENTRALIZADORA. Como se pode observar con todo isto temos razóns abondas para rexeitar a LOMCE e aínda non se falou das famosas “reválidas”. As “probas finais de avaliación”, como a Lei chama ás reválidas, teñan ou non “efectos académicos” estrutúranse como unha ferramenta fundamental para implementar o modelo educativo deseñado pola LOMCE. Isto é así por ser probas deseñadas polo Goberno central, avaliadas por axentes externos e que terán repercusións nos centros educativos ao establecer ránkings de centros e criterios para a dotación dos recursos, resulta que a mellores resultados, maiores recursos. Xa sabemos que estas probas avalían o nivel de memorización acadado polas alumnas/os dos contidos curriculares establecidos pola LOMCE, os centros non terán mais opción que cinguirse ao currículo LOMCE, o que liquidará a capacidade de establecer os seus proxectos educativos e, polo tanto, liquídase a autonomía docente dos centros e a atención á diversidade.
-- MANIFESTAR o apoio á folga do ENSINO EN SECUNDARIA convocada polo Sindicato de Estudantes e convidar a todas as familias a participar na MANIFESTACIÓN convocada polo SE na mañá do mércores día 26 de outubro.