mércores, 7 de novembro de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: 
Representantes de pais/nais de alumnos

Nas próximas semanas vaise renovar parte da composición do Consello Escolar. Neste curso compre facer unha renovación no sector de pais/nais de alumnos/as. Calqueira pai/nai que teña ó seu fillo no colexio poderá presentarse para ser elexido. 
Facemos un chamamento ás familias para que se conciencien do importante que é formar parte deste órgano. ANIMÁDEVOS!!



  •  Prazo de presentación de candidaturas:
       Do martes 6 ao luns 12 de novembro
  • Votación:    
      Martes 27 de novembro: 9:10 - 10:30  e  16:15 - 17:30  


INFORMACIÓN DO CEIP "RECIMIL"
Preme aquí:  páxina 1
                      páxina 2




  Como xa veríades na circular do 6 de novembro, está convocada a primeira asamblea de soci@s da ANPA do presente curso 2012-2013.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA SOCI@S 
ANPA RECIMIL

MARTES 13 NOVEMBRO,  ás 15:45 en 1ª convocatoria, e ás 16:15 en 2ª convocatoria.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da anterior Asamblea  Xeral Ordinaria.
2. Estado de contas
3. Renovación da Xunta Directiva.
4. Información sobre comedor escolar e actividades extraescolares e obras de mellora realizadas no centro.
5. Actos sociais da Anpa.
6. Eleccións ó Consello Escolar.
7. Rogos e preguntas.

NOTA: Polo interese dos temas a tratar sería importante que acudísedes o maior número de pais/nais polible, aínda que non sexades soci@s da ANPA.



luns, 22 de outubro de 2012

FOLGA DO XOVES 18 DE OUTUBRO

O DIARIO DE FERROL dixital fixo pública a nota de prensa remitida pola Federación Comarcal de ANPAs de Centros Públicos de Ferrolterra, con respecto a folga do xoves 18 de outubro e demáis mobilizacións da pasada semana.

Nota Prensa Folga 18 Outubro
 MANIFESTACIÓNS DO LUNS 15 E MÉRCORES 17 


Alí estivemos...




domingo, 14 de outubro de 2012

CONCENTRACIÓN LUNS 15 OUTUBRO
Saída 19:00  dende a Praza de España 

Dende a ANPA queremos animar a tod@s a movilizar as vosas familias e participar dela. A convocatoria é unitaria e o lema común é  " A Defensa dos Servizos Públicos "
Difundide esta convocatoria entre os vosos coñecidos, cantos máis mellor!!

Concentración 15 outubro (1)

luns, 8 de outubro de 2012

PROGRAMA EDUCATIVO MUNICIPAL ARTELLANDO
OBRADOIROS EXTRAESCOLARES GRATUITOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA




Para as solicitudes, preme aquí:  www.ferrol.es/educacion

domingo, 30 de setembro de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MUNICIPAIS. 
CEIP RECIMIL 2012-2013

Aquí están as listas das actividades que, como sabedes, inícianse o luns 1 de outubro.
As faltas de asistencia a estas actividades causará baixa nos seguintes casos:

  • 4 faltas consecutivas sen xustificar ou 
  • 6 faltas alternas sen xustificar
Teñamos en conta que hai alumnos/as en lista de espera e non deberían quedar prazas sen ocupar. Consultade as modificacións de baixas e altas no arquivo da dereita. Asimesmo, vos pediríamos que informárades canto antes das baixas voluntarias se as houbese. 
Calqueira dúbida, xa sabedes, consultade coa Anpa. 



Listas de actividades