martes, 27 de maio de 2014

 VIII CARREIRA ESCOLAR DO ENSANCHE A


O vindeiro domingo día 1 de xuño ás 11:00 h terá lugar a Carreira Escolar do Ensanche A. Aquí vos deixamos o cartel. As inscripcións teredes que facelas directamente no local da Asociación de Veciños, no Centro Cultural Carvalho Calero, tedes ata o 30 de maio ás 18:00 h. 

RECORDADE LEVAR O CHÁNDAL DO COLE. QUE SE VEXAN AS NOSAS CORES!!! 


luns, 26 de maio de 2014

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA SOCI@S                  "ANPA RECIMIL"



Comunícase @s soci@s da Anpa Recimil a convocatoria dunha Asamblea Extraordinaria que terá lugar o vindeiro xoves día 29 de maio ás 16:00 h en primeira convocatoria, e ás 16:30 en segunda convocatoria. 
Lugar de celebración: aula de música.

ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior Asamblea Extraordinaria.
2. Estado de contas.
3. Información sobre actividades extraescolares curso 2014-15.
4. Mellora das infraestructuras informáticas na zona de terceiro ciclo.
5. Préstamo de libros.
6.Actividades da Anpa (convivencia fin de curso)
7. Novo Chándal.
8. Rogos e preguntas.

A túa asistencia é importante. Contamos contigo.



III   CERTAME DE DEBUXO 

      "CARMEN MARTIN " 2013-14






Lista de premiados



CATEGORIA INFANTIL

PRIMER PREMIO             Uxía Fuertes                              
SEGUNDO PREMIO         Xiana Pena Ceballos                
TERCER PREMIO             Anxo Rodríguez Carracedo 

MENCIONES ESPECIALES
Nerea Picos Nasutti
Hugo Alonso


CATEGORIA  PRIMER CICLO

PRIMER PREMIO              Yeabsira Fernández Valdivieso 
SEGUNDO PREMIO          Laura Picos Peña
TERCER PREMIO              Arianna Victoria Muñoz Mújica

MENCIONES ESPECIALES
Lia Aneiros Manso



CATEGORIA SEGUNDO CICLO

PRIMER PREMIO              Marco Antonio Uceira Jiménez
SEGUNDO PREMIO          Iago Grandal del Río
TERCER PREMIO              Aroa Fernández Piñón

MENCIONES ESPECIALES
Maria Casal Prego
Junhui Gao



CATEGORIA TERCER CICLO

PRIMER PREMIO                Nadia López Sóñora
SEGUNDO PREMIO            Kevin Calafi
TERCER PREMIO                Martín García López

MENCIONES ESPECIALES
Yahansa Pena Vélez 


Xa podedes visitar a exposición de debuxos no vestíbulo do colexio. O momento de entrega de premios será no mes de xuño, estando o día ainda sen determinar. 
Dende a ANPA agradecemos a participación destes magníficos artistas así como a colaboración do colexio, das familias e como non, de Carmen Martín a Anxo Varela. NORABOA A TOD@S


martes, 20 de maio de 2014

15403 - CEIP Recimil - Sueños de colores

             CONCURSO LIPDUB 

Enviouse o fantástico lipdub ao concurso Movimiento Savia. Mirádeo de novo e darlle o voso voto. 

Cantos máis "Me gusta" teña o noso vídeo MELLOR!!!!!!


MOITA SORTE RAPACES!!!







martes, 13 de maio de 2014

VIII MILLA ESCOLAR LA SALLE


Un ano máis celébrase a Milla Escolar organizada polo colexio La Salle. 
A carreira terá lugar o vindeiro sábado 17 de maio ás 10:30.
O prazo para anotarse será dende o venres 9 ata o vindeiro martes 13 inclusive. 
Poderedes anotarvos no local da Anpa ou na Secretaría do cole. Tamén podedes anotarvos no cole na tarde do martes 13 de xuño, que como saberedes celébrase o Día da Familia, a que vos animamos a asistir. 
Tedes toda a información das distintas categorías no cartel que está na porta da esquerda da entrada principal do cole. 

NOTA: Tódol@s nen@s que teñades o chándal do cole, animádevos a levalo!

A correr....


luns, 5 de maio de 2014

Tiñamos un pouco abandonado este blogue ultimamente coas vacacións e pontes pero xa estamos aquí de volta. 

Xa remantado o prazo para a presentación dos debuxos estamos a espera das deliberacións do xurado. En calqueira caso, sexa o que sexa,  todos os debuxos son merecedores da nosa máis sincera noraboa. 
Gracias a todos e todas pola vosa participación
Ahí quedan as bases por si as queredes revisar.

BASES III CONCURSO DE DEBUXO “CARMEN MARTÍN” 2014 


TEMA: " O MEU/A MIÑA PROFE E MAIS EU"


CATEGORíAS: Poderán participar tódolos alumnos do centro, presentando un debuxo por nen@. Establécense as seguintes categorías:
·Educación Infantil.
·Primeiro ciclo (1º e 2º Primaria)
·Segundo ciclo (3º e 4º Primaria)
·Terceiro ciclo (5º e 6º Primaria)

FORMATO: En tamaño DIN A3 que será facilitado pola ANPA en colaboración co centro.

DATOS: Os traballos deberán levar escritos os seguintes datos:
·Nome do alumn@
·Curso

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Último día de entrega o  VENRES 25  de Abril.

XURADO: Estará formado polos pintores ferroláns ANXO VARELA e CARMEN MARTÍN.

PREMIOS: Establécense tres premios por categoría.


Unha vez máis queremos adicar este certame de debuxo a nosa pintora ferrolá Carmen Martín, autora do marabilloso mural “A Biblioteca Máxica”, onde as personaxes dos contos cobran vida, convidándonos a soñar espertos, e enchen de cor e alegría a parede exterior da biblioteca do noso cole. Queremos así agradecerlle a súa xenerosidade por este fermoso agasallo.

mércores, 19 de marzo de 2014


Xa temos ...  O CHANDAL DO COLE!!!! 

"O que a sigue a consigue"
Para dar continuidade ao proxecto conseguimos un modelo moi semellante ao anterior, mesmas cores e mesmo prezo (32 euros) coa serigrafía nas costas "CEIP RECIMIL"
Estará dispoñible nos tallas 2,4,6,8,10,12 e 14. Se queredes velo tedes unha mostra ao lado da secretaría.
Non esperes ao próximo curso, se queres telo para fináis de abril so tes que pedilo no local da Anpa (luns e xoves de 9:15 a 9:45) previo pago dos 32 euros.

TRES RAZÓNS PARA MERCAR O CHANDAL

- Deseño e fabricación 100% galega
- Sentirás as cores do teu cole!!!!
- Prezo semellante a calquera chandal do mercado