luns, 16 de xuño de 2014

Campamentos urbáns Concello Ferrol 2014



Informámosvos que está aberto o prazo para inscribirse nos campamentos urbáns de verán do Concello. 

Para máis información achegádevos ata a Consellería de Igualdade e Xuventude, rúa Lugo 56 ou  chamade ó teléfono 981944240

Lugar de inscrición: Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, luns a venres de 9:00 á 14:00 e sábados de 10:00 á 13:00 horas.

Atención ao prazo: martes 10 de xuño ao luns 23 de xuño


xoves, 12 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA DA ANPA

Lembrade que este sábado 14 é a nosa convivencia!

Haberá que estar na Asociación de Veciños de Esmelle ás 10:30 ( pedimos puntualidade por favor). 


Unha vez estemos tod@s, comezará a Ruta guiada polos Muíños. Á volta, xantaremos todos xuntos no local da Asociación. Haberá empanada, tortilla, croquetas e ensaladilla. 

Pagarase a cantidade de 2 euros por persoa.

Un saúdo e esperamos pasalo moi ben!!!



mércores, 11 de xuño de 2014

Xoves 12 de xuño ás 16:30 horas, concentración diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)

A Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, da que esta ANPA forma parte , ten convocada una concentración para esixir a non aplicación da LOMCE


Este é o comunicado de prensa: 

PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO 


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca
unha concentración diante da sede do Consello Escolar de
Galiza para reclamar a paralización dos currículos da LOMCE


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca este xoves
12 de xuño unha concentración diante da sede do Consello Escolar de
Galiza, ás 16:30 h.


Ese día está prevista a reunión do Consello para tratar o currículo da FP Básica
que o Goberno prevé implantar o vindeiro curso escolar. A Plataforma
concéntrase para expresar a súa oposición á LOMCE e esixir a paralización da
súa aplicación, en concreto dos currículos das etapas que pretenden que
entren en vigor o vindeiro curso escolar: FP Básica e primaria, pois estamos
ante uns currículos baseados en principios mercantilistas e academicistas, que
se afastan da nosa realidade cultural e histórica, impregnados de ideoloxía
neoliberal, dos que se desterra a educación en valores, se profunda na
confesionalidade do ensino e se pretende ateigar o alumnado de contidos
inalcanzábeis.

Desde a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público valoramos que a
Consellaría está actuando con precipitación e improvisación, para pregarse aos
ditados do Goberno central. A Plataforma Galega que demanda que non se
aplique a LOMCE en Galiza, considera que nas datas actuais só cabe o
adiamento destes proxectos de decreto, pois moi dificilmente van estar
preparados para seren utilizados polo profesorado no inicio do curso, momento
en que teñen que elaborar as programacións.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG,
CIG-Ensino, Comités, Liga Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPA
de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de
ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS),
Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Agir, Sindicato de
Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas
(FANPO).

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014


luns, 9 de xuño de 2014


XOGOS POPULARES SOLIDARIOS COS NEN@S SAHARAUIS NO CEIP RECIMIL

Lamentamos ter que suspender os xogos previstos para mañá martes día 10 debido o escaso número de inscricións.

Agradecemos a todos aqueles que estiveron dispostos a participar. Quizás noutra ocasión. 

Saúdos

ANPA CEIP RECIMIL

mércores, 4 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA SOCI@S E AMIG@S DA ANPA



O vindeiro día 14 de xuño temos prevista unha visita guiada ós Muiños de Esmelle. Despois de facer a visita, xantaremos no local da asociación veciñal de Esmelle. 
Os interesados deberedes pasar polo local da Anpa ou mandar un correo electrónico dende o mércores 4 de xuño ata o mércores 11 de xuño. Deberase indicar O NOME DO SOCI@ E O Nº DE ASISTENTES. (Por motivos de organización, despois desta data non se poderá anotar ninguén)
En breve enviaremos circular con información máis precisa. 
Veñá, animádevos!!!

XOGOS POPULARES SOLIDARIOS COS NEN@S SAHARAUIS NO CEIP RECIMIL

Vide a xogar o martes 10 de xuño ás 17:00
Aquí tedes de novo a circular



sábado, 31 de maio de 2014

AXUDAS LIBROS CURSO 2014-2015




No DOGA do venres 30 de maio, publicouse a convocatoria para solictar as axudas para os libros para o vindeiro curso 2014-2015. Aquí tedes a ligazón a toda a información: 

 http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadsolidaria




CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Informámosvos tamén que no consello escolar municipal do concello de Ferrol  do pasado 23 de maio, aprobouse a petición oficial, por parte de Feanpas de Ferrolterra,  á Xunta de Galicia sobre volta ao sistema de préstamo de libros de texto.

En breve, iniciaranse as reunións cos distintos grupos municipais para levar ao pleno a mesma solicitude.

Lembrámosvos que dita petición xurdiu por iniciativa da confederación de ANPAS GALEGAS, da que formamos parte.

Veremos a ver en que queda todo esto. Seguimos loitando. Saúdos,