martes, 23 de xuño de 2015

Convivencia de socios da ANPA.

O pasado domingo 21 celebramos a tradicional convivencia que esta ANPA organiza para os seus socios, unha vez rematado o curso 2014/2015. Xuntámonos no merendeiro A Granxa de San Sadurniño,  unha pequena representación de nais, pais e alumnos do CEIP Recimil, e compartimos xantar, faladoiro, xogos, risas, paseos e mergullos no río. Gozamos dunha xornada moi agradable e divertida.
Os nosos compañeiros do ANPA saínte aproveitaron a ocasión para facer un simbólico e divertido "traspaso de poderes"; agradecemos de corazón os seus regalos e moi en especial as súas mensaxes de ánimo.




venres, 19 de xuño de 2015

Comunicado sobre o Fondo Solidario de libros.


Como saberedes, a Federación de Anpas de Ferrolterra e moitas outras Anpas Galegas, levamos xa tempo reclamando a volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto, de maneira que  todo o alumnado galego teña dereito a ese material de forma gratuita, sistema que funcionaba moi ben e ademáis era máis barato. Ante o comenzo do que a consellería deu en chamar “fondo solidario” onde só uns poucos accederán aos libros, libros non adaptados á LOMCE, lotes de libros incompletos, etc, as ANPAS propoñen como medida de presión, non comprar nada e empezar o curso en setembro sen libros. Esta ANPA respalda esta proposta e ademáis non xestionará ningún banco de libros tal e como pretende a consellería.

Por outra banda, sí recomendamos facer a solicitude do fondo solidario antes do 30 de xuño.

xoves, 18 de xuño de 2015

DESPEDIDA...

   E xa a piques de rematar un curso máis, esta ANPA fai unha despedida especial porque, como xa saberedes, dámoslle paso a un novo grupo de familias que con moita ilusión, tomará as riendas da directiva de esta asociación. Como imos seguir no colexio, estaremos ahí para colaborar e para o que faga falta. Seguimos pensando que é de vital importancia a implicación das familias na vida escolar e dámoslles as gracias a todos e todas os que ahí estivesteis colaborando así como ós novos e novas que empezades a facelo. Animamos ás familias a participar,  non só por repartir o traballo como pola satisfación que esa implicación supón. 
Esperamos veros na xornada de convivencia do vindeiro domingo 21

Unha forte aperta
A xunta directiva da ANPA      



Por se non vos chegou a circular de onte ou non a atopades, aquí a tedes para lembraros a importancia de asistir a estes dous importantes eventos: 


CHARLA INFORMATIVA LIBROS DE TEXTO

Convocamos a todas as familias á próxima Charla sobre o sistema de axudas dos libros de texto. Contaremos coa participación do presidente da Federación de Anpas de Ferrolterra Xabier Sanchez. Tentaremos aclarar todas as dúbidas que poidades ter, é moi importante a asistencia de todos para conseguir un sistema gratuito e universal de libros de texto. CHARLA XOVES 18 xuño ás 16 horas.

Convivencia da ANPA

 Invitamos aos todas as familias socias da ANPA a pasar un bonito día todos xuntos. O próximo domingo 21 de xuño no merendeiro A GRANXA en San Sadurniño. Xuntámonos ás 12 horas e cada familia levará o seu xantar. As xornadas de Convivencia enriquecen a formación en valores de todos por eso fagamos un esforzo por asistir.

Aproveitaremos a xornada para facer unha bonita benvida á nova ANPA!!!


xoves, 11 de xuño de 2015

ENTREGA DE PREMIOS DO
IV   CERTAME DE DEBUXO
"CARMEN MARTIN " 2014-15

O mércores 10 de xuño tivo lugar a entrega de premios ós gañadores do certame de debuxo deste ano. Todos os galardoados recibiron un diploma acreditativo, ademais dun chandal do colexio para os primeiros premios e unha cunca decorada con motivos do mural de Carmen Martín para os segundos e terceiros.
Os nosos parabéns a todos os artistas participantes.

Podedes visitar a galería de imaxes da entrega facendo clic na fotografía.

Gañadores IV Certame Carne Martín

sábado, 23 de maio de 2015


POSTURA DA ANPA ANTE “ A REVÁLIDA 3º ”




Mostramos o noso rexeitamento á proba de avaliación individualizada á que vai ser sometido o alumnado de 3ºcurso os días 27 e 28 de maio; para o que presentamos por rexistro diversos escritos manifestando o rexeitamento á devandita avaliación.

Polo tanto:
Animamos a todolos pais/nais do centro a firmar de modo individual o rexeitamento á proba, utilizando o modelo adxunto, entregándoo na secretaría do colexio. Tanto sexan alumnos de 3º ou non, todos somos familias afectadas por esta Lei Educativa, e todos deberiamos firmar a rexeita.
Animamos a tódolos pais de terceiro aque non traian aos nenos ás probas, cumplimentando o modelo de xustificante adxunto. Según información do centro “as probas rematarán ás 11:30 horas, e todos aqueles que estén presentes veranse obligados a realizar as probas”. Por iso animamos a que os nen@s inicien as clases a partir das 11:30 horas. Así como animamos a todos estes pais/nais de 3º á unión e colaboración entre todos.

A todos aqueles que desexedes máis información estamos no local do ANPA para o que precisedes.
Nos vindeiros días informaremos se dende o ANPA se organizará algunha movilización para manifestar o rexeitamento.


      Un saúdo













D./Dna……………………………………………………………………pai, nai ou titor/a dun alumno/a do centro CEIP Recimil quero facer constar:
O total rexeitamento á proba de avaliación individualizada á que vai ser sometido o alumnado de 3º curso os días 27 e 28 de maio, entre outras razóns, porque:
  • É unha aberración desde o punto de vista pedagóxico someter o alumnado de 8 anos a unha presión innecesaria, mediante unha proba que o vai avaliar baixo estándares uniformizados, sen considerar a educación como un proceso no que hai que avaliar e considerar as circunstancias persoais, socioeconómicas, capacidades e actitudes do alumnado.
  • Limítase a avaliar o ámbito lingüístico e matemático, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico, musical e físico e refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbeis para a formación integral do alumnado.
  • Despreza a avaliación continua e a opinión do equipo docente. Ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado e dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.
  • Subestima e desconfía do traballo do profesorado que estará sometido e totalmente condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais nesta etapa educativa.
  • Responde á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista de centros que contará con máis medios e recursos.
  • Pretende ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que vai excluíndo os sectores máis desfavorecidos da educación.
  • Supón tamén un despropósito, xa que os estudos de aprendizaxe que se pretenden avaliar corresponden aos tres primeiros cursos de primaria e o alumnado que vai sufrir as probas só cursou terceiro da LOMCE.
  • A Consellaría de Educación malgasta o diñeiro público, malia as múltiples carencias dos centros.

Ao mesmo tempo reclamo a destrución dos datos de carácter persoal que van constar no ficheiro denominado avaliación do sistema educativo. Prégolle que teña a ben trasladar este escrito ao conselleiro Educación.

Asinado:.......................................,  Ferrol, .......….de maio de 2015










…………………………………………………………………………………………………………..








XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO


D./Dña..................do curso............................., comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu fillo-a/tutelado-a de o pasado día …......... de maio de 2015, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, si fose necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan capacidade e dereito a coñecer a mesma.
………………………………………………………………………….pai/nai/titor/a do/a alumno/a

do curso............................., comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu fillo-a/tutelado-a de o pasado día …......... de maio de 2015, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, si fose necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan capacidade e dereito a coñecer a mesma.

Asinado:......................... Ferrol, ….............. de maio de 2015




























































































mércores, 20 de maio de 2015


IV   CERTAME DE DEBUXO 

      "CARMEN MARTIN " 2014-15



Parabéns a todas e todos e en especial aos premiados. 

SEGUIDE PINTANDO E DISFRUTANDO!!!!

MOITAS GRAZAS COMA SEMPRE A CARMEN MARTÍN E FAMILIA. 
Lista de premiad@s






E XA OS PODEDES VER DECORANDO UN ANO MÁIS AS PAREDES DO COLE