luns, 25 de abril de 2016

Xornadas PORTAS ABERTAS- 1 MARZO




  Esta Anpa do CEIP Recimil, informamos da Xornada de Portas Abertas na tarde do martes-1 de marzo dirixida as novas familias que optan por matricular aos seus fillos e fillas neste centro educativo público.

  A este acto foron convidadas todas as entidades sociais, educativas, culturais, comerciais deste barrio de Recimil, onde o equipo directivo e claustro de mestras tiveron a oportunidade de explicar as actividades educativas e culturais que veñen desenvolvendo este alumnado do Recimil.

  Queremos expresar o noso recoñecemento e agradecemento a concellaría de Asuntos Sociais, en especial as súas técnicas polo traballo desenvolvido no barrio e este acto, a concellería de Educación e Cultura, Federación de Anpas Públicas e o esforzo do equipo directivo deste centro escolar.

  Esta Anpa amosamos o noso recoñecemento co claustro de profesores pola entrega, dedicación e indiscutible  traballo  cultural,  integración  social e unha excelencia formación educativa de calidade.  

   Damos a benvida as novas familias e animamos a potenciar a educación pública de calidade e universal.


  Saúdos.-
 
 
- Directiva Anpa .-






--
A N P A       R E C I M I L

CEIP Recimil - Viviendas Protexidas s/n, Ferrol  C.P. 15403

Tlfno: 651697653 de Luns a Venres de 9:15 a 10:00 h

xoves, 10 de marzo de 2016

Concurso de ideas para o logo. Xa temos gañadora!

 
Gañadora - LOGO


   Carlota Bermúdez Blas, de 4º de Educación Primaria, resultou gañadora do noso concurso de ideas para deseñar un logotipo para a ANPA. Parabéns para ela e para a súa familia, que sabemos que colaborou na elaboración da proposta e, como non, para as demais familias participantes.: agardamos que esta actividade servira, cando menos, para que desfrutarades duns momentos agradables de complicidade familiar.

A proposta gañadora.



 
 
- Anpa .-
 

xoves, 25 de febreiro de 2016

Mensaxe familias- Calidade educativa .-



                               -    Mensaxe positiva e calidade –

-      ANPA CEIP RECIMIL -

 
            A ANPA do CEIP RECIMIL queremos transmitir unha MENSAXE positiva da CALIDADE EDUCATIVA as novas familias que desexen matricularse neste centro Público educativo.
            Salientamos a vocación e entrega educativa do claustro de profesor@s que dá como resultado un alumnado de infantil e primaria de gran nivel e formación, preparado para ingresar coa excelencia calidade educativa nos institutos públicos de secundaria.

            A ANPA recoñece a calidade educativa deste CEIP Recimil, polo que entendemos que as nosas prioridades reivindicativas consisten en colaborar co claustro de profesores e ser esixentes coa Administración pública da Consellería de Educación co obxecto de dispoñer das óptimas condicións de instalacións, medios e persoal educativo.

            Este centro escolar recibe alumnado desta zona educativa dos Ensanches, Inferniño e Ultramar, Recimil, Centro. Este alumnado está conformado por familias de distintas ramas e diversidade profesional como traballadores do naval, privados,  funcionarios defensa, persoal sanidade e ensino, periodistas, autónomos..etc, e familias foráneas cun gran resultado de integración social.

            O Centro conta con servizo de comedor, biblioteca escolar con 3.000 libros e equipamento informático e internet, ximnasio, patio e instalacións deportivas. Actividades extraescolares. Profesorado especializado en Pedagoxía terapéutica, orientadora, música, lingua estranxeira. En definitiva, un centro de referencia en valores democráticos, convivencia, respecto, solidariedade,  paz e fomento da creatividade, participación social..etc.

           
 
  O centro convida as familias a unha xornada de PORTAS ABERTAS o vindeiro martes día 1 de marzo.

          
  Esta Asociación de Nais e Pais de Recimil anima as familias que se acheguen a este CEIP Recimil no convencemento de garantir unha boa calidade escolar para os/as vosas fillas/os e a cobertura desta Anpa na defensa de vosos intereses educativos.

         
                  
 
 
 Ferrol, a 24 de Febreiro de 2016.-

 
       - ANPA RECIMIL.-
 
 

domingo, 13 de decembro de 2015

A FOTO "OFICIAL"

Por petición popular, aquí vos presentamos a foto de familia da nosa Xunta Directiva.

martes, 8 de decembro de 2015

PREPARANDO A FESTA DE NADAL 2015


O 2015 está chegando ao seu fin e dende a ANPA queremos despedir o ano cunha festa tradicional na que haberá unha representación teatral do conto do Apalpador, xogos tradicionais, obradoiros e música para as familias do CEIP Recimil. A festa terá lugar o VENRES 18, de acordo coas seguintes indicacións:
  • O horario será de 17:00 a 19:00 horas, entrando polo portón traseiro do colexio.
  • Abrirase a porta cada media hora para permitir a entrada/saída dos asistentes.
  • A entrada será de balde para os socios (unha entrada por neno e dúas para adultos acompañantes por familia) e terá un custo de 1€ por persoa para os non socios. Para axilizar o acceso, estas poderán recollerse no local da ANPA (LUNS 14 e XOVES 17 de 9:15 a 9:45 h. ou MÉRCORES 16 de 16:30 a 17:30 h.). De xeito extraordinario, poderanse aboar no momento de acceder ao recinto.
  • Todos os nenos terán que vir acompañados dun adulto responsable.
  • Sortearase unha cesta de nadal: os boletos para participar poderán adquirirse por valor de 1€ na propia festa.

Animámosvos a celebrar xuntos a chegada das vacacións de Nadal!

martes, 1 de decembro de 2015

CONCURSO DE IDEAS PARA o LOGOTIPO da ANPA RECIMIL

Ampliamos o prazo ata finais de xaneiro do 2016!

Co obxecto de deseñar un logotipo para a ANPA Recimil, convocamos este concurso de ideas entre o alumnado do CEIP Recimil e que se rexerá polas seguintes
BASES:
- Poderá participar todo o alumnado do CEIP Recimil, en colaboración coas súas familias.
- O deseño do logotipo presentarase en cartolina branca formato DIN-4, e deberá integrar o texto “ANPA Recimil”.
- O nome, apelidos e curso do participante ten que indicarse no reverso do deseño.
- Os participantes deixarán as súas propostas no local da ANPA (luns e xoves de 9:15 a 9:45 horas).
- O último día de recollida será o martes 15 de decembro.
- O 18 de decembro farase entrega do premio ó gañador.
- O xurado estará formado por un representante da ANPA, un representante dos pais e unha persoa externa ó colexio.
- Para a seleción da idea gañadora o xurado valorará, máis que a calidade artística das propostas, o reflexo de valores relacionados coa participación das familias na educación, en particular os que fagan referencia as características propias do noso centro: a integración, multiculturalidade, defensa do ensino público, etc.
- Baseándose na idea gañadora a ANPA realizará o deseño final do logotipo, coa finalidade de adaptalo ó seu uso: documentación da Asociación, selo, deseño gráfico, produtos pormocionais, etc.
Premio:
Consistirá nun vale de 50 euros para a adquisición de material de papelería e libraría na Libraría Cortizas.
Recibide os nosos mellores saúdos... e sorte!

¡¡Ampliado o prazo de presentación ata o 29 de xaneiro!!

A Xunta Directiva