xoves, 11 de decembro de 2014

LOTERÍA DA ANPA

Os que ainda non mercasteis o boleto ganador, espabilade porque imos devolver a sobrante. Despois non vola imos dar nun sobre como no anuncio!!

 O GORDO DE ESTE ANO DIN QUE VAI SER O NÚMERO                                 42.232


    Xornadas TEMPOS COM-POSTOS 

Xornadas organizadas dende o Concello de Ferrol para todas as familias.
A intención e reflexionar sobre as cuestións de educación igualitaria.
As xornadas serán o próximo mércores día 17 de 17:00 a 20:00 no Centro Carvahlo Carelo de Ferrol.
Haberá un espazo para que as nenas e nenos poidan xogar e divertirse en igualdade mentras as súas familias participan das intervencións.




Anpas Galegas: Xornada educativa en As Pontes

Venres 12 decembro ás 18:00 h

Preme aquí para máis información



CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 

O martes pasado día 9 de novembro quedou constituido o novo Consello Escolar no que algúns membros foron renovados. Os nosos parabéns a Isabel Blas e Santiago Varela elexidos por @s nais e pais do cole como representantes dos mesmos e a noso máis sincero agradecimento aos representantes saíntes, Patricia e José Manuel.

Porén, este curso non é igual que os anteriores, entremedias aprobouse a Lei Orgánica 8/2013 para a mellora da calidade educativa, e nesa Lei modifícanse substancialmente as bases reguladoras deste órgano colexiado.
Os Consellos escolares nacen para dar cobertura ao mandado do art. 27.7 da Constitución, o que di que “os profesores, os pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos, nos termos que a lei estableza”; e esta participación concretábase, entroutras competencias, na aprobación e avaliación do proxecto educativo, das normas de funcionamento, da programación xeral anual, na decisión sobre a admisión de alumnado, na aprobación da obtención de recursos complementarios, etc.
Agora, a nova norma pretende converter ao consello escolar nun órgano simplemente consultivo, excluíndo á comunidade educativa da toma de decisións sobre o seu propio centro.

Dende esta ANPA queremos que este consello continúe funcionando como o órgano de xestión e control deste centro educativo nos límites e competencias que se lle atribuían antes da aprobación da Lei 8/2013, , debatendo e decidindo segundo os resultados votados pola maioría dos membros presentes, reivindicando o seu carácter de representación democrática da comunidade educativa e asumindo, en tanto se respecte este acordo, a responsabilidade das decisións aprobadas conxuntamente coa dirección deste centro educativo. Así o fixemos saber presentando un escrito ao respecto como están a facer outras ANPAS. Veremos en que queda todo esto...





luns, 17 de novembro de 2014

ASAMBLEA DA ANPA. MÉRCORES 19 DE NOVEMBRO.



Disculpade por esta entrada cutre no blogue. Estamos moi ocupad@s. Necesitamos colaboración. 

ACUDIDE Á ASAMBLEA. NOS VOS ESQUEZADES!!


domingo, 16 de novembro de 2014

La participación de las familias en los colegios, objeto de estudio de un nuevo proyecto europeo - Ferrol - Diario de Ferrol


XA COMENZARON OS CONTACONTOS FAMILIARES.






    Como sabedes, o primeiro luns de cada mes, nais, pais ou otros familiares dos nosos fillos e fillas, entran nas aulas a contar un conto. O pasado luns 10 de novembro, comenzou esta bonita experiencia da que os primeiros familiares saíron encantados. Se todavía non te apuntaches, faino xa. Fala co titor ou titora e non deixes de participar.  O teu fillo/a estará orgulloso/a de tí. Ademáis formarás parte dun proxecto que trascende as nosas fronteiras. Deixámosvos ligazón a reseña no Diario de Ferrol.


La participación de las familias en los colegios, objeto de estudio de un nuevo proyecto europeo - Ferrol - Diario de Ferrol