martes, 13 de setembro de 2016

Inicio Curso Escolar- Ferrol

 

Máis de 5.400 alumnos abren o curso escolar.

Os centros educativos de Ferrol abriron  de novo súas portas para recibir aos 5.409 alumn@s de Educación Primaria, Secundaria e Especial que comezaban o curso escolar.

                                                                            

     Os centros educativos de Ferrol abriron onte de novo as súas portas para recibir aos 5.409 alumnos de Educación Primaria, Secundaria e Especial que comezaban o curso escolar.
  
  Cada un dos colexios realizou diferentes actos de bienvenida.
    Así, no Cruceiro de Canido, fixérono de forma escalonada ao longo da mañá empezando polos nenos de 5º e 6º de Primaria, despois 3º e 4º, logo 1º e 2º e, para rematar, Infantil. A entrada estivo amenizada polo profesor universitario Joaquín Enríquez Díaz, antigo alumno do centro, que tocou o acordeón. En torno a 400 nenos comezaron o curso nesta escola, coa única incidencia dun niño de avispa velutina que foi localizado no patio de Infantil e que obrigou a avisar ás autoridades correspondentes.
Tamén no Isaac Peral a xornada estivo dentro dos parámetros normais, con aproximadamente 450 alumnos comezando o novo curso.
Pola súa banda, no CEIP Esteiro a inauguración tivo lugar no salón de actos, onde se deu a bienvenida ao novo alumnado e profesorado coa proxección dun vídeo e fotos do ano anterior. Os responsables do centro indicaron que se tratou de "unha mañá tranquila" e que este ano acudirán un total 227 escolares, con preto de 25 ou 27 por aula.
Aínda que o servizo de almorzo de centros como o de Esteiro non estivo operativo aínda, si o fixo o de comidas. Ademais, algúns grupos de 3 anos aínda non comezaron e farano a partir de hoxe con obxecto de favorecer a conciliación
.
 
- Diario de Ferrol.-
 

luns, 2 de maio de 2016

Charla informativa - REVÁLIDAS 3º e 6º Primaria.-

 
- CHARLA  INFORMATIVA -
- REVÁLIDAS 3º e 6º de Primaria .-


Esta Xunta Directiva do CEIP Recimil, convida a todas as nais e pais do alumnado a unha charla sobre as REVÁLIDAS de 3º e  6º de Primaria este Martes, 3 de maio ás 19 horas, organizada pola Federación de Anpas de Ferrolterra no salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero, Praza do Inferniño.


Imaxe en liña 1
- Fvfcd- Imaxe de Fanpas .-
- Imaxe Fanpas -

- Anpa Recimil .-
 - Saúdos .-
 
 

martes, 26 de abril de 2016

INFORMACIÓNS - ACORDOS .-



INFORMACIÓNS - ACORDOS
 
   Informacións do Consello Escolar, Federación de Anpas;

1 .-  Informamos que dende a Federación de Anpas acordamos varias iniciativas en relación as probas das REVÁLIDAS de 3º e 6º de Primaria, que esta Xunta directiva proporá a Asemblea para a súa ratificación.
    1.1  .- Acordamos recomendar as familias a NON asistencia do alumnado durante as datas marcadas para este fin.
  1. 2 .- Mobilizacións a modo de CONCENTRACIÓNS os días 10 de maio e 23 de maio ás 20 horas na Praza Amada García- Edif. Admin. Xunta Galicia da Praza de España.
  2. 3 .- Campañas e CHARLAS informativas sobre as REVÁLIDAS en Fene, Narón, Ferrol ..etc.   Pediremos o salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero, Praza do Inferniño,  o Martes, 3 de maio ás 19 horas
  • A escasa petición de plazas de MATRÍCULAS ( 14 ) motivado ao problema demográfico pola caída de nacementos é un tema a debater e tratar desde a Federación de Anpas e outros ámbitos sociais e políticos.
    Existe un problema coa LIÑA de 3 anos ( 23 alumn@s) que están agrupados. Imos pedir ao Equipo Directivo un Consello Escolar Extraordinario e seguir reivindicando e mobilizando co apoio xa acordado da Federación anpas.

  •    Presentación da Federación e Confed. Anpas galegas dun Documento de 36 páxinas sobre os Comedores escolares ben argumentado que este sistema de xestión dos comedores debe ir dentro dun marco educativo.
  •  Celebración da FESTA dos MAIOS o vindeiro venres, día 6 de maio.
  •   Festa da FAMILIA
  •  Profesores de cidades de Irlanda e Polonia do Programa de intercambio ERASMUS
  •   XORNADA de CONVIVENCIA fin de curso no centro recreativo de CERDIDO.
     ---
  • Asemblea Extraordinaria informativa (aberta) o vindeiro venres, 29 de Abril ás 16 horas no centro escolar.
             Saúdos .-
 
  •      - A Xunta Directiva .-

    luns, 25 de abril de 2016

    Convocatoria ASEMBLEA Xeral Extraordinaria - Aberta .-




                A Xunta Directiva CONVOCA unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA (ABERTA a todos os pais e nais), este vindeiro VENRES, día 29 de abril ás 16 horas en primeira convocatoria e ás 16,30 h na segunda na aula de música deste centro escolar.
     

    -      Orde do día .-


    1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta Asemblea anterior.-

    2.- Estado de contas.

    3 .-Información e debate sobre as reválidas de 3º e 6º de Primaria.
    - Proposta pagamento de actividades aos soci@s.
    - Informacións e acordos respecto a Liña de infantil de 4 anos cara o seguinte curso.

    4 .- Información de cambios na Xunta Directiva do Anpa.


    Ferrol, a 22 de Abril de 2016 .-

     
    -      A Xunta directiva .-

    Xornadas PORTAS ABERTAS- 1 MARZO




      Esta Anpa do CEIP Recimil, informamos da Xornada de Portas Abertas na tarde do martes-1 de marzo dirixida as novas familias que optan por matricular aos seus fillos e fillas neste centro educativo público.

      A este acto foron convidadas todas as entidades sociais, educativas, culturais, comerciais deste barrio de Recimil, onde o equipo directivo e claustro de mestras tiveron a oportunidade de explicar as actividades educativas e culturais que veñen desenvolvendo este alumnado do Recimil.

      Queremos expresar o noso recoñecemento e agradecemento a concellaría de Asuntos Sociais, en especial as súas técnicas polo traballo desenvolvido no barrio e este acto, a concellería de Educación e Cultura, Federación de Anpas Públicas e o esforzo do equipo directivo deste centro escolar.

      Esta Anpa amosamos o noso recoñecemento co claustro de profesores pola entrega, dedicación e indiscutible  traballo  cultural,  integración  social e unha excelencia formación educativa de calidade.  

       Damos a benvida as novas familias e animamos a potenciar a educación pública de calidade e universal.


      Saúdos.-
     
     
    - Directiva Anpa .-






    --
    A N P A       R E C I M I L

    CEIP Recimil - Viviendas Protexidas s/n, Ferrol  C.P. 15403

    Tlfno: 651697653 de Luns a Venres de 9:15 a 10:00 h

    xoves, 10 de marzo de 2016

    Concurso de ideas para o logo. Xa temos gañadora!

     
    Gañadora - LOGO


       Carlota Bermúdez Blas, de 4º de Educación Primaria, resultou gañadora do noso concurso de ideas para deseñar un logotipo para a ANPA. Parabéns para ela e para a súa familia, que sabemos que colaborou na elaboración da proposta e, como non, para as demais familias participantes.: agardamos que esta actividade servira, cando menos, para que desfrutarades duns momentos agradables de complicidade familiar.

    A proposta gañadora.



     
     
    - Anpa .-
     

    xoves, 25 de febreiro de 2016

    Mensaxe familias- Calidade educativa .-



                                   -    Mensaxe positiva e calidade –

    -      ANPA CEIP RECIMIL -

     
                A ANPA do CEIP RECIMIL queremos transmitir unha MENSAXE positiva da CALIDADE EDUCATIVA as novas familias que desexen matricularse neste centro Público educativo.
                Salientamos a vocación e entrega educativa do claustro de profesor@s que dá como resultado un alumnado de infantil e primaria de gran nivel e formación, preparado para ingresar coa excelencia calidade educativa nos institutos públicos de secundaria.

                A ANPA recoñece a calidade educativa deste CEIP Recimil, polo que entendemos que as nosas prioridades reivindicativas consisten en colaborar co claustro de profesores e ser esixentes coa Administración pública da Consellería de Educación co obxecto de dispoñer das óptimas condicións de instalacións, medios e persoal educativo.

                Este centro escolar recibe alumnado desta zona educativa dos Ensanches, Inferniño e Ultramar, Recimil, Centro. Este alumnado está conformado por familias de distintas ramas e diversidade profesional como traballadores do naval, privados,  funcionarios defensa, persoal sanidade e ensino, periodistas, autónomos..etc, e familias foráneas cun gran resultado de integración social.

                O Centro conta con servizo de comedor, biblioteca escolar con 3.000 libros e equipamento informático e internet, ximnasio, patio e instalacións deportivas. Actividades extraescolares. Profesorado especializado en Pedagoxía terapéutica, orientadora, música, lingua estranxeira. En definitiva, un centro de referencia en valores democráticos, convivencia, respecto, solidariedade,  paz e fomento da creatividade, participación social..etc.

               
     
      O centro convida as familias a unha xornada de PORTAS ABERTAS o vindeiro martes día 1 de marzo.

              
      Esta Asociación de Nais e Pais de Recimil anima as familias que se acheguen a este CEIP Recimil no convencemento de garantir unha boa calidade escolar para os/as vosas fillas/os e a cobertura desta Anpa na defensa de vosos intereses educativos.

             
                      
     
     
     Ferrol, a 24 de Febreiro de 2016.-

     
           - ANPA RECIMIL.-