mércores, 27 de xuño de 2012


AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS 
DENUNCIA DOS COLEXIOS PÚBLICOS DE FERROL 
A continuación tedes a noticia publicada polo Diario de Ferrol

Los directores de los los colegios públicos de Educación Infantil y Primaria de Ferrol han remitido un escrito al Valedor do Pobo en el que denuncian que el sistema de ayudas de la Consellería de Educación para la compra de libros de texto excluye a un grupo de familias de la posibilidad de acceder a las mismas.
  Se refieren en concreto a los repetidores de 4º de Primaria y a los de 2º y 4º de Educación Secundaria. En dichos cursos, recoge el escrito, cambian los libros de texto y, legalmente, los repetidores no pueden solicitar ayuda, “pois suponse que lles serven os libros que tiveron neste curso escolar, mais os que tiveron este ano non lles serán útiles por ser diferentes aos do curso 2012/2013”. 
  De esta forma, según denuncian los directores de los colegios públicos ferrolanos, “prodúcese un desaguisado xurídico: os repetidores destes niveis escolares non poden optar ás axudas e terán que mercar obrigatoriamente do seu peto os libros, aínda que reúnan todas e cada unha das condicións expresadas na orde”. Es por esto que consideran que si bien la convocatoria de ayudas “trata de ser universal, todas as familias poden optar a elas, implícita e mais explicitamente déixase fóra das posibilidades de optar a todas as familias dos repetidores de 4º de Educación Primaria e aos de 2º e 4º de ESO, o que é inxusto e arbitrario”, afirman.
  El escrito ha sido remitido al Valedor do Pobo para que tome las acciones pertinentes.


CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase en Santiago o mércores 27 de xuño en contra da supresión de unidades e profesorado

A mobilización será ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o próximo mércores 27 de xuño ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación para amosar o seu rexeitamento aos recortes no ensino público.
A Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público  denuncia  as supresión de unidades e de profesorado programadas pola Consellaría de Educación para o próximo curso 2012-2013.
As medidas previstas, ademais de reducir o profesorado dos centros e despedir docentes, incrementarán o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagruparán alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducirán a oferta educativa.
Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.

Santiago, 22 de xuño de 2012

martes, 26 de xuño de 2012

UNHA VEZ MÁIS NAS PROTESTAS CONTRA OS RECORTES DOS SERVICIOS PÚBLICOS

Manifestación do mércores 20 de xuño, en defensa do sector
público (sanidade, educación...), onde estivo representada visiblemente a nosa ANPA coa pancarta que podedes ver ao fondo.



ENTREGA PREMIOS DO I CERTAME DE DEBUXO CARMEN MARTÍN
O día 21 de xuño, recibiron os premios do certame os pequenos/as de Infantil e o 22 os de primaria. Aquí vos deixamos a nova no Diario de Ferrol. Noraboa rapaces!

mércores, 20 de xuño de 2012

    CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN
                CONCELLO DE FERROL

Xa están aquí as vacacións e para algunhas familias o problema de conciliar a vida laboral  e a familiar. Atención ao plazo de inscrición para os campamentos urbanos de verán, campamentos de día para os que non os coñezades, que terán lugar: 


Ludoteca do Cantón (nenos/as 3-6 anos)
Carballo Calero e Inferniño (nenos/as 7-12 anos)


A inscrición, que é necesaria este ano,  xa está aberta, e o plazo finaliza o vernes 28 de xuño. 
As fichas de inscrición están na páxina do concello www.ferrol.es e entréganse na Casa da Xuventude

  • CASA DA XUVENTUDE
  • Almendra, 9 Bajo
  • Telf. Principal » 981944250

ANPA RECIMIL


CAMPAÑA DE PRÉSTAMO-RECEPCIÓN LIBROS ENTRE FAMILIAS




Circular da ANPA do 19 de xuño 2012:

Solicitamos a colaboración das familias para, dun xeito voluntario, poñer en marcha esta campaña que entendemos pode disminuir os gastos en libros de texto.
Esta campaña vai dirixida, exclusivamente, @s alumn@s que están en 4º, 5º e 6º de Primaria este curso 2011-12 e só recibirán libros @s alumn@s que cursen 5º e 6º de Primaria o próximo curso 2012-13.
Toda familia que queira participar deberá entregar cuberto o resgardo que aparece ó final da circular, xunto cos libros cedidos, excepto 4º, que só deberán entregar o resgardo (sen libros), ás súas titoras.  ...

... Sigue lendo a circular aquí



domingo, 17 de xuño de 2012



I  CERTAME DE DEBUXO 
CARMEN MARTÍN




NORABOA !!!  a tod@s @s participantes polos magníficos debuxos que teñen xa o seu espacio na exposición á que estades todas as familias invitadas. A exposición está situada no pasillo de Sercretaría e o horario de visitas será durante a semana que ven de luns a venres de 9:15 a 9:45 e o martes tamén pola tarde de 4 a 7.
E os gañadores son  ... 


INFANTIL
Primeiro Premio:  IRENE 5 años B
Segundo Premio:  YAGO 5 años B
Terceiro Premio:  JESUS 4 años A


PRIMARIA 1º e 2º 

Primeiro Premio:  NIAN 2º B
Segundo Premio: DEVA 2º A
Terceiro Premio: MIGUEL 1º A

PRIMARIA  3º e 4º

Primeiro Premio:  ANA 3º A
Segundo Premio: ISMAEL 4º A
Terceiro Premio: PAULA 4º B

PRIMARIA  5º e 6º

Primeiro Premio:  ANTIA  6º B
Segundo Premio: BLARISA  6º A
Terceiro Premio: EMILIA  6º A


O DEBUXO MÁIS MÁXICO: DENISA 2º B

Xurado: Carmen Martín e Anxo Varela


Os premiados recibirán agasallos, en horario escolar o na semana que ven, última do curso. 

Dende a ANPA agradecemos a colaboración de tódolos participantes e do Colexio, felicitámosvos e agardamos unha masiva participación na próxima edición deste Certame de Debuxo Carmen Martín para o curso 2012-13

sábado, 16 de xuño de 2012



SUSPENDIDO O DÍA DE CONVIVENCIA




Sentimos ter que comunicar que se decidíu suspender, definitivamente, por este curso o día de convivencia, previsto para este domingo 17 de xuño.
As previsións do tempo para este día  non son favorables, e as datas restantes ata fin de mes, por razóns diversas, non  permitían a súa organización.
O ano que ven...

ANPA “RECIMIL”





luns, 11 de xuño de 2012

 I CERTAME DE DEBUXO "CARMEN MARTÍN"




Vos estaredes preguntando que foi do certame de debuxo. Pois ben, en primeiro lugar queremos dar as GRACIAS a tod@s os participantes polos traballos presentados, as familias que os animaron, aos mestres e mestras que colaboraron, ao centro en xeral, e como non a Carmen Martín. Os traballos xa foron vistos polo xurado composto pola mesma Carmen Martín e Anxo Varela e xa hai gañador@s. Pedímosvos un pouco máis de PACIENCIA xa que temos que expoñer tódolos debuxos e buscar o momento para o anuncio dos premiados e a entrega de agasallos. 

                     Estade atentos...  



domingo, 10 de xuño de 2012



Facémonos eco da campaña pola educación pública que está promovendo esta asociación Ciudadan@s por la Educación Pública.  Aquí vos deixamos a súa última comunicación 
Anpa Ceip Recimil     



GRACIAS A VUESTRA DIFUSIÓN,
el vídeo de Ciudadan@s por la Educación Pública está siendo un rotundo éxito.

¡¡¡ Más de 400.000 visionados en YouTube!!!!
más de 10.000 seguidores en Facebook y 2400 en Twitter...
reportajes en los Telediarios de mayor audiencia, unas veinte entrevistas en radios, medios digitales e impresos,reproducción en decenas de páginas web...
Estamos convencidos de que nuestro mensaje está llegando también a miles de ciudadan@s que no se sentían implicados en la defensa de una Educación Pública de calidad.
Y empezamos esta primera parte de la campaña con sólo 269 socios colaboradores.
Ahora estamos más cerca de que el español medio se dé cuenta de que la Enseñanza Pública es un patrimonio de todos, que ha de ser respetado y mejorado para las generaciones venideras.
PERO AÚN NOS FALTA MUCHO.
Queremos seguir explicando a la sociedad por qué la Educación Pública es un inversión capital:

 *
nuevos montajes con los argumentos que las personalidades del vídeo desgranaron a lo largo de las entrevistas
 *
nuevos vídeos informativos de las repercusiones de los nuevos recortes
 *
nuevas acciones que involucren a la población menos sensibilizada...

Y ahora NECESITAMOS TU AYUDA.
Desde sólo 5 euros al año puedes hacerte Socio Colaborador y contribuir a que los nuevos vídeos y acciones
se hagan realidad.

Y otras dos formas de colaborar:

 *
 Difunde, por favor, esta petición entre amigos y conocidos.

 *
 Y otra acción sencilla y de bajo coste: si también quieres hacer visible tu "yo estudié en la pública", DESCÁRGATE EL LOGO PARA CARTEL DE COCHE y colócalo en la parte trasera o en una ventanilla.

Lo tienes en castellano, catalán, euskera, gallego y asturiano.
http://www.yoestudieenlapublica.org/descargas.php

(Se calcula que en un desplazamiento de una hora lo verán, de media, varios miles de transeúntes y usuarios de otros coches. ¡Imagínate si son decenas de vehículos los que lo llevan, de todos los tamaños y modelos!
Estaremos mostrando y demostrando, a los que aún son escépticos, que la Educación Pública que llega a todos con calidad da como fruto una sociedad cohesionada en su diversidad.)
Un fuerte abrazo.
Ciudadan@s por la Educación Pública
www.yoestudieenlapublica.org<http://www.yoestudieenlapublica.org/>

 Ver comunicado aquí:

https://www.yoestudieenlapublica.org/descargas/ComunicadoPublica.pdf


XUNTANZA FAMILIAS. DOMINGO 17 XUÑO


Como xa leeríades na circular do venres, estamos preparando unha xornada de lecer para o vindeiro domingo 17 de xuño, contando coa participación das familias. Este ano hai varias opcións, así que pedímosvos que mandedes de volta a vosa preferencia e o número de asistentes por familia. Cada familia deberá levar o seu xantar e farase responsable dos seus fill@s. As opcións serían as seguintes:

1- Praia e piñeiral de Cabanas.
2- Area recreativa do Muiño de Pedroso.
3- Clube de Campo Ferrol.

Esperamos a vosa elección, que admitiremos ata o próximo mércores 13 , chegándoa ó noso local,  por correo electrónico, ou a través do blogue premendo abaixo en comentarios.
Enviaráse nova circular a próxima semana para confirmar destiño elixido. Respecto á hora de xuntanza  no destiño, consideramos adecuado en torno ás 11:30 da mañá.
Esperamos a vosa resposta.


Acéptanse suxerencias sobre xogos colectivos a poder desenvolver ou outra idea.


Saúdos, 
ANPA 



luns, 4 de xuño de 2012


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2012/13

ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición
de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos
públicos, no curso escolar 2012/2013.

Prazo de presentación de instancias:  para o alumnado de educación primaria e especial, 2 xuño ao 2 xullo, ambos inclusive
Lugar de presentación de instancias:  no centro docente en que estea matriculado o alumnado

Para máis información e instancias preme aquí: DOG do Venres , 1 xuño 2012


sábado, 2 de xuño de 2012


AVISO DE FEANPAS DE FERROLTERRA SOBRE A MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 3 DE XUÑO

Adxuntamos comunicado remitido a prensa co chamamento á participación na manifestación do domingo 3 en Compostela en defensa do ensino y da sanidade públicas.

Acaban de infornarnos que si queredes asistir en bus tedes que contactar canto antes coa Plataforma de Sanidade: 647 938 026  xa que dende ensino non hai autobuses finalmente.


Saúdos
Feanpas Ferrolterra


Nota de prensa 31-05-12  Manifestación 3 xuño