xoves, 11 de decembro de 2014

LOTERÍA DA ANPA

Os que ainda non mercasteis o boleto ganador, espabilade porque imos devolver a sobrante. Despois non vola imos dar nun sobre como no anuncio!!

 O GORDO DE ESTE ANO DIN QUE VAI SER O NÚMERO                                 42.232


    Xornadas TEMPOS COM-POSTOS 

Xornadas organizadas dende o Concello de Ferrol para todas as familias.
A intención e reflexionar sobre as cuestións de educación igualitaria.
As xornadas serán o próximo mércores día 17 de 17:00 a 20:00 no Centro Carvahlo Carelo de Ferrol.
Haberá un espazo para que as nenas e nenos poidan xogar e divertirse en igualdade mentras as súas familias participan das intervencións.




Anpas Galegas: Xornada educativa en As Pontes

Venres 12 decembro ás 18:00 h

Preme aquí para máis información



CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 

O martes pasado día 9 de novembro quedou constituido o novo Consello Escolar no que algúns membros foron renovados. Os nosos parabéns a Isabel Blas e Santiago Varela elexidos por @s nais e pais do cole como representantes dos mesmos e a noso máis sincero agradecimento aos representantes saíntes, Patricia e José Manuel.

Porén, este curso non é igual que os anteriores, entremedias aprobouse a Lei Orgánica 8/2013 para a mellora da calidade educativa, e nesa Lei modifícanse substancialmente as bases reguladoras deste órgano colexiado.
Os Consellos escolares nacen para dar cobertura ao mandado do art. 27.7 da Constitución, o que di que “os profesores, os pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos, nos termos que a lei estableza”; e esta participación concretábase, entroutras competencias, na aprobación e avaliación do proxecto educativo, das normas de funcionamento, da programación xeral anual, na decisión sobre a admisión de alumnado, na aprobación da obtención de recursos complementarios, etc.
Agora, a nova norma pretende converter ao consello escolar nun órgano simplemente consultivo, excluíndo á comunidade educativa da toma de decisións sobre o seu propio centro.

Dende esta ANPA queremos que este consello continúe funcionando como o órgano de xestión e control deste centro educativo nos límites e competencias que se lle atribuían antes da aprobación da Lei 8/2013, , debatendo e decidindo segundo os resultados votados pola maioría dos membros presentes, reivindicando o seu carácter de representación democrática da comunidade educativa e asumindo, en tanto se respecte este acordo, a responsabilidade das decisións aprobadas conxuntamente coa dirección deste centro educativo. Así o fixemos saber presentando un escrito ao respecto como están a facer outras ANPAS. Veremos en que queda todo esto...