Amosando publicacións coa etiqueta Anpa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anpa. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de febreiro de 2016

Mensaxe familias- Calidade educativa .-



                               -    Mensaxe positiva e calidade –

-      ANPA CEIP RECIMIL -

 
            A ANPA do CEIP RECIMIL queremos transmitir unha MENSAXE positiva da CALIDADE EDUCATIVA as novas familias que desexen matricularse neste centro Público educativo.
            Salientamos a vocación e entrega educativa do claustro de profesor@s que dá como resultado un alumnado de infantil e primaria de gran nivel e formación, preparado para ingresar coa excelencia calidade educativa nos institutos públicos de secundaria.

            A ANPA recoñece a calidade educativa deste CEIP Recimil, polo que entendemos que as nosas prioridades reivindicativas consisten en colaborar co claustro de profesores e ser esixentes coa Administración pública da Consellería de Educación co obxecto de dispoñer das óptimas condicións de instalacións, medios e persoal educativo.

            Este centro escolar recibe alumnado desta zona educativa dos Ensanches, Inferniño e Ultramar, Recimil, Centro. Este alumnado está conformado por familias de distintas ramas e diversidade profesional como traballadores do naval, privados,  funcionarios defensa, persoal sanidade e ensino, periodistas, autónomos..etc, e familias foráneas cun gran resultado de integración social.

            O Centro conta con servizo de comedor, biblioteca escolar con 3.000 libros e equipamento informático e internet, ximnasio, patio e instalacións deportivas. Actividades extraescolares. Profesorado especializado en Pedagoxía terapéutica, orientadora, música, lingua estranxeira. En definitiva, un centro de referencia en valores democráticos, convivencia, respecto, solidariedade,  paz e fomento da creatividade, participación social..etc.

           
 
  O centro convida as familias a unha xornada de PORTAS ABERTAS o vindeiro martes día 1 de marzo.

          
  Esta Asociación de Nais e Pais de Recimil anima as familias que se acheguen a este CEIP Recimil no convencemento de garantir unha boa calidade escolar para os/as vosas fillas/os e a cobertura desta Anpa na defensa de vosos intereses educativos.

         
                  
 
 
 Ferrol, a 24 de Febreiro de 2016.-

 
       - ANPA RECIMIL.-
 
 

domingo, 13 de decembro de 2015

A FOTO "OFICIAL"

Por petición popular, aquí vos presentamos a foto de familia da nosa Xunta Directiva.

martes, 1 de decembro de 2015

CONCURSO DE IDEAS PARA o LOGOTIPO da ANPA RECIMIL

Ampliamos o prazo ata finais de xaneiro do 2016!

Co obxecto de deseñar un logotipo para a ANPA Recimil, convocamos este concurso de ideas entre o alumnado do CEIP Recimil e que se rexerá polas seguintes
BASES:
- Poderá participar todo o alumnado do CEIP Recimil, en colaboración coas súas familias.
- O deseño do logotipo presentarase en cartolina branca formato DIN-4, e deberá integrar o texto “ANPA Recimil”.
- O nome, apelidos e curso do participante ten que indicarse no reverso do deseño.
- Os participantes deixarán as súas propostas no local da ANPA (luns e xoves de 9:15 a 9:45 horas).
- O último día de recollida será o martes 15 de decembro.
- O 18 de decembro farase entrega do premio ó gañador.
- O xurado estará formado por un representante da ANPA, un representante dos pais e unha persoa externa ó colexio.
- Para a seleción da idea gañadora o xurado valorará, máis que a calidade artística das propostas, o reflexo de valores relacionados coa participación das familias na educación, en particular os que fagan referencia as características propias do noso centro: a integración, multiculturalidade, defensa do ensino público, etc.
- Baseándose na idea gañadora a ANPA realizará o deseño final do logotipo, coa finalidade de adaptalo ó seu uso: documentación da Asociación, selo, deseño gráfico, produtos pormocionais, etc.
Premio:
Consistirá nun vale de 50 euros para a adquisición de material de papelería e libraría na Libraría Cortizas.
Recibide os nosos mellores saúdos... e sorte!

¡¡Ampliado o prazo de presentación ata o 29 de xaneiro!!

A Xunta Directiva

martes, 17 de novembro de 2015

A DIRECCIÓN DO CEIP RECIMIL SOLICITA UNHA RECTIFICACIÓN PUBLICA DO DIRECTOR XERAL DE CENTROS.

A dirección do CEIP Recimil ven de difundir o comunicado que reproducimos de seguido. Esta ANPA tamén exixe a rectificación dos falsos argumentos expostos polo Director Xeral ós que se refire este comunicado, ós que engadimos os falsos motivos da dimisión da anterior xunta directiva desta ANPA: as verdadeiras razóns poden consultarse neste blog.

"Agradecería a difusión da seguinte información:

A Dirección do Ceip Recimil quere DESMENTIR publicamente as palabras do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos como resposta á pregunta plantexada polo BNG na Comisión do Parlamento 4ª de Educación e Cultura do día 12/11/2015 ás 16:12 horas.

Neste Centro e ata este curso escolar 2015/2016 contábamos con 6 titores e dous profesores de apoio na etapa de educación infantil. Neste curso vémonos obrigados a unir dúas unidades xa que non se cubren dúas prazas provisionais, unha por xubilación e outra en comisión de servizos quedando entón 5 titores e 1 profesor de apoio.

O Sr Director Xeral, en dúas ocasións afirma que o Centro conta con 7 profesores en educación infantil, cando en realidade temos 6.

Afirma igualmente que a Dirección concordou en conxunto coa Administración a supresión dunha unidade en educación infantil sendo isto totalmente incerto xa que a Dirección en ningún momento estivo nin está de acordo con esa decisión aínda que acata a decisión da Administración e organiza a etapa de infantil con eses 6 profesores quedando da seguinte maneira: 3 anos con 22 alumnos, 4 anos A con 13, 4 anos B con 12, 5 anos A con 20 e 5 anos B con 18 alumnos.

Esta Dirección, desminte igualmente, que o Claustro de profesores apoiara a decisión da Administración cando o que este apoiou por unanimidade foi a xestión feita pola Dirección cos recursos dispoñibles.

Solicitamos do Director Xeral unha rectificación pública da información dada na Comisión do Parlamento 4ª de Educación e Cultura do día 12/11/2015.

O EQUIPO DIRECTIVO"

martes, 23 de xuño de 2015

Convivencia de socios da ANPA.

O pasado domingo 21 celebramos a tradicional convivencia que esta ANPA organiza para os seus socios, unha vez rematado o curso 2014/2015. Xuntámonos no merendeiro A Granxa de San Sadurniño,  unha pequena representación de nais, pais e alumnos do CEIP Recimil, e compartimos xantar, faladoiro, xogos, risas, paseos e mergullos no río. Gozamos dunha xornada moi agradable e divertida.
Os nosos compañeiros do ANPA saínte aproveitaron a ocasión para facer un simbólico e divertido "traspaso de poderes"; agradecemos de corazón os seus regalos e moi en especial as súas mensaxes de ánimo.




xoves, 18 de xuño de 2015

DESPEDIDA...

   E xa a piques de rematar un curso máis, esta ANPA fai unha despedida especial porque, como xa saberedes, dámoslle paso a un novo grupo de familias que con moita ilusión, tomará as riendas da directiva de esta asociación. Como imos seguir no colexio, estaremos ahí para colaborar e para o que faga falta. Seguimos pensando que é de vital importancia a implicación das familias na vida escolar e dámoslles as gracias a todos e todas os que ahí estivesteis colaborando así como ós novos e novas que empezades a facelo. Animamos ás familias a participar,  non só por repartir o traballo como pola satisfación que esa implicación supón. 
Esperamos veros na xornada de convivencia do vindeiro domingo 21

Unha forte aperta
A xunta directiva da ANPA      



Por se non vos chegou a circular de onte ou non a atopades, aquí a tedes para lembraros a importancia de asistir a estes dous importantes eventos: 


CHARLA INFORMATIVA LIBROS DE TEXTO

Convocamos a todas as familias á próxima Charla sobre o sistema de axudas dos libros de texto. Contaremos coa participación do presidente da Federación de Anpas de Ferrolterra Xabier Sanchez. Tentaremos aclarar todas as dúbidas que poidades ter, é moi importante a asistencia de todos para conseguir un sistema gratuito e universal de libros de texto. CHARLA XOVES 18 xuño ás 16 horas.

Convivencia da ANPA

 Invitamos aos todas as familias socias da ANPA a pasar un bonito día todos xuntos. O próximo domingo 21 de xuño no merendeiro A GRANXA en San Sadurniño. Xuntámonos ás 12 horas e cada familia levará o seu xantar. As xornadas de Convivencia enriquecen a formación en valores de todos por eso fagamos un esforzo por asistir.

Aproveitaremos a xornada para facer unha bonita benvida á nova ANPA!!!


xoves, 11 de decembro de 2014

CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 

O martes pasado día 9 de novembro quedou constituido o novo Consello Escolar no que algúns membros foron renovados. Os nosos parabéns a Isabel Blas e Santiago Varela elexidos por @s nais e pais do cole como representantes dos mesmos e a noso máis sincero agradecimento aos representantes saíntes, Patricia e José Manuel.

Porén, este curso non é igual que os anteriores, entremedias aprobouse a Lei Orgánica 8/2013 para a mellora da calidade educativa, e nesa Lei modifícanse substancialmente as bases reguladoras deste órgano colexiado.
Os Consellos escolares nacen para dar cobertura ao mandado do art. 27.7 da Constitución, o que di que “os profesores, os pais e, no seu caso, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos, nos termos que a lei estableza”; e esta participación concretábase, entroutras competencias, na aprobación e avaliación do proxecto educativo, das normas de funcionamento, da programación xeral anual, na decisión sobre a admisión de alumnado, na aprobación da obtención de recursos complementarios, etc.
Agora, a nova norma pretende converter ao consello escolar nun órgano simplemente consultivo, excluíndo á comunidade educativa da toma de decisións sobre o seu propio centro.

Dende esta ANPA queremos que este consello continúe funcionando como o órgano de xestión e control deste centro educativo nos límites e competencias que se lle atribuían antes da aprobación da Lei 8/2013, , debatendo e decidindo segundo os resultados votados pola maioría dos membros presentes, reivindicando o seu carácter de representación democrática da comunidade educativa e asumindo, en tanto se respecte este acordo, a responsabilidade das decisións aprobadas conxuntamente coa dirección deste centro educativo. Así o fixemos saber presentando un escrito ao respecto como están a facer outras ANPAS. Veremos en que queda todo esto...





domingo, 22 de xuño de 2014




Na ligazón de abaixo, atoparedes información relativa a: 


  • MEMORIA DE ACTIVIDADES ANPA 2013-14


  • BENVIDA ÁS NOVAS FAMILIAS PARA O CURSO 2014-15


  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO NO CEIP RECIMIL - CURSO 14-15



Preme aquí para acceder a esa información. 




xoves, 12 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA DA ANPA

Lembrade que este sábado 14 é a nosa convivencia!

Haberá que estar na Asociación de Veciños de Esmelle ás 10:30 ( pedimos puntualidade por favor). 


Unha vez estemos tod@s, comezará a Ruta guiada polos Muíños. Á volta, xantaremos todos xuntos no local da Asociación. Haberá empanada, tortilla, croquetas e ensaladilla. 

Pagarase a cantidade de 2 euros por persoa.

Un saúdo e esperamos pasalo moi ben!!!



mércores, 4 de xuño de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA SOCI@S E AMIG@S DA ANPA



O vindeiro día 14 de xuño temos prevista unha visita guiada ós Muiños de Esmelle. Despois de facer a visita, xantaremos no local da asociación veciñal de Esmelle. 
Os interesados deberedes pasar polo local da Anpa ou mandar un correo electrónico dende o mércores 4 de xuño ata o mércores 11 de xuño. Deberase indicar O NOME DO SOCI@ E O Nº DE ASISTENTES. (Por motivos de organización, despois desta data non se poderá anotar ninguén)
En breve enviaremos circular con información máis precisa. 
Veñá, animádevos!!!

mércores, 26 de febreiro de 2014

DESFILE DE COMPARSAS

Saberedes polas circular de hoxe, que mañá xoves 27 realizarase o tradicional desfile de comparsas do cole. E saberedes tamén por outra circular que este ano a nosa ANPA fixo unha contribución económica de 50 euros por ciclo para a confección dos disfraces. Esperamos que salga todo moi ben como soe acontecer. Facede moitas fotos e si tedes algunha especialmente chula, estaremos encantados de publicala. 
Agora só nos queda cruzar os dedos e esperar un día de sol radiante. E pola tarde, vémonos na festa. 

VIVA O ENTROIDO!!

domingo, 23 de febreiro de 2014

                   XA CHEGA O ENTROIDO...           



E CON ÉL ...  A FESTA DA ANPA!!!

XOVES 27 a partir das 16:45


Monitores, merendas, música, baile, sorteo da cesta...
Xa saberedes pola circular, pero por si non a tedes aquí vola adxuntamos de novo:


Ola de novo a tod@s!!!
Querémosvos adiantar o seguinte:
- Temos preparada a chegada do Antroido. Será o próximo xoves 27 a partir das 16:45 horas no ximnasio e no patio do Colexio (se o tempo o permite).
- Suspenderánse as actividades extraescolares dese día.
- Será unha festa onde desexamos que @s tod@s veñan disfrazad@s. Haberá música e animadores para bailar, cantar...para pasalo ben, en definitiva.
- Pedimos a vosa colaboración, traendo doces típicos destas datas, que sirvan de merenda para @s nen@s que asistan. Animamos a aqueles que coñezan postres doutras zonas e países nos sorprendades cos doces doutras culturas, aproveitando o tema da “convivencia” deste curso.

Podedes pasar polo local da Anpa e tomaremos nota do que queirades  traer (en horario de manás de 9:15 a 9:45 ) ou se non podedes nese horario, facilitámosvos un móvil ó que poderedes chamar ou enviar un sms.
(poderédesvos anotar ata o xoves pola mañá ). Móvil 651697653
Poderanse traer as merendas o xoves pola mañá en horario de Anpa, ou se non, xa tería que ser o mesmo xoves á entrada do festival. Tanto soci@s como non soci@s poderán traer doces e fárase o sorteo dunha cesta de Antroido entre a xente que traia postres.
-Recórdase que os nen@s deberán vir acompañados por un adulto.
- @s non soci@s deberán aboar 1 €/persoa

                                               NOTA: Animamos a que os maiores tamén veñades disfrazados.
                                                Grazas e esperamos pasar unha tarde divertida!!!!



ENTRADAS PARA O FESTIVAL DO ANTROIDO (27 febreiro)


Para axilizar o acceso á festa, este ano tedes a opción de mercar as entradas por adiantado.
Poderedes adquirir as entradas para a festa na secretaría do cole o luns 24, martes 25 e mércores 26.
Os soci@s recollerán as entradas de balde e os non soci@s deberán pagar 1 euro por persoa.




domingo, 27 de outubro de 2013

SONDAXE SOBRE O CHANDAL  
                                                                                             
Seguimos co proxecto do chandal do cole. Temos unha nova proposta que intentará ser o máis parecida posible  ó modelo que teñen xa os nen@s.
Necesitamos saber cantos estades interesados en mercar este novo modelo. Por favor contactade coa Anpa:
-         no noso local, durante esta semana, en horario de 9:15 a 9:45 h
-         por e-mail : anparecimil@gmail.com
-         por teléfono o sms : 651697653
-         na asamblea do martes 29 de outubro


Pedimos a vosa colaboración para solucionar o cambio o máis axiña posible, xa que si non hai continuidade e suficientes nen@s interesados no chándal, será díficil cumprir este bonito proxecto.




   

LOTERÍA DA ANPA  nº 73116 

Non te olvides de mercar o teu boleto gañador, antes de que se acabe. 
Son 2 euros. 
MOITA SORTE!!!
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA SOCI@S ANPA RECIMIL                 
          
Comunícase @s soci@s da Anpa “Recimil” a convocatoria de dita Asamblea para o próximo martes 29 de Outubro.
A Asamblea será ás 15:45 en 1ª convocatoria, e ás 16:15 en 2ª convocatoria.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da anterior Asamblea Xeral Ordinaria.
2. Estado de contas.
3. Actividades da Anpa.
4. Novas sobre o chándal
5. Rogos e preguntas.


NOTA:Polo interese dos temas a tratar sería importante que acudisedes o maior número de pais/nais posible, aínda que non sexades soci@s do ANPA.


MANIFESTACIÓN CONTRA A LOMCE  24/10/2013  


mércores, 11 de setembro de 2013

BENVIDA DA ANPA DO CEIP RECIMIL CURSO 2013-14


Esta asociación de nais e pais ,  un ano máis quere daros a tod@s a máis calurosa benvida a este novo curso 2013-14. Esperamos que todo marchara ben o primeiro día, especialmente para os pequerrech@s de 3 anos. Pronto poñerémonos en contacto con todas as familias para informar, comentar, animar, colaborar e para o que faga falta. Xa estamos no local, coma sempre, un ratiño despois das 9. 


luns, 1 de xullo de 2013


MEMORIA DE ACTIVIDADES DA ANPA  2012-13

Para acceder preme en MEMORIA


E un ano máis despedímonos ata setembro esperando ter feito as cousas o millor que puidemos.  Agradecemos a colaboración de todas as familias e contamos con que se animen máis para o vindeiro curso. 

Unha aperta e a disfrutar das vacacións!!!

ANPA CEIP RECIMIL

CAMPAÑA DE PRÉSTAMO DE LIBROS


Agradecemos novamente a coloaboración de todas as familias que deixaron os libros e sentímonos satisfeitos por ese aforro importante para moitas familias. 

ATENCIÓN: Quedan varios lotes de libros de 5º!!!

Pasade polo centro, ainda estades a tempo de solicitalos.