Amosando publicacións coa etiqueta Actividades deportivas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades deportivas. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xuño de 2014


XOGOS POPULARES SOLIDARIOS COS NEN@S SAHARAUIS NO CEIP RECIMIL

Lamentamos ter que suspender os xogos previstos para mañá martes día 10 debido o escaso número de inscricións.

Agradecemos a todos aqueles que estiveron dispostos a participar. Quizás noutra ocasión. 

Saúdos

ANPA CEIP RECIMIL

mércores, 4 de xuño de 2014

XOGOS POPULARES SOLIDARIOS COS NEN@S SAHARAUIS NO CEIP RECIMIL

Vide a xogar o martes 10 de xuño ás 17:00
Aquí tedes de novo a circular



martes, 27 de maio de 2014

 VIII CARREIRA ESCOLAR DO ENSANCHE A


O vindeiro domingo día 1 de xuño ás 11:00 h terá lugar a Carreira Escolar do Ensanche A. Aquí vos deixamos o cartel. As inscripcións teredes que facelas directamente no local da Asociación de Veciños, no Centro Cultural Carvalho Calero, tedes ata o 30 de maio ás 18:00 h. 

RECORDADE LEVAR O CHÁNDAL DO COLE. QUE SE VEXAN AS NOSAS CORES!!! 


martes, 13 de maio de 2014

VIII MILLA ESCOLAR LA SALLE


Un ano máis celébrase a Milla Escolar organizada polo colexio La Salle. 
A carreira terá lugar o vindeiro sábado 17 de maio ás 10:30.
O prazo para anotarse será dende o venres 9 ata o vindeiro martes 13 inclusive. 
Poderedes anotarvos no local da Anpa ou na Secretaría do cole. Tamén podedes anotarvos no cole na tarde do martes 13 de xuño, que como saberedes celébrase o Día da Familia, a que vos animamos a asistir. 
Tedes toda a información das distintas categorías no cartel que está na porta da esquerda da entrada principal do cole. 

NOTA: Tódol@s nen@s que teñades o chándal do cole, animádevos a levalo!

A correr....


luns, 20 de maio de 2013

VII CARREIRA ESCOLAR "ENSANCHE A" 



Domingo 26 de maio a partires das 11 da mañá. A proba dos BIBERÓNS comenzará ás 12 h aproximadamente.


CATEGORÍAS 

BIBERÓNS:   Nad@s en 2007-08-09
PREBENXAMÍNS:  2005-06
BENXAMÍNS:  2003-04
ALEVÍNS:  2001-02

PREMIOS 

  • CATEGORÍA BIBERÓNS: Tódolos participantes serán obsequiados con MEDALLA
  • OUTRAS CATEGORÍAS: TROFEOS para os 6 primeiros clasificados de cada categoría, masculino e femenino, e MEDALLAS  a tódolos participantes.

INSCRIPCIÓNS

Os interesad@s en participar, podedes anotarvos dende mañá martes 21 ata o xoves 23 desta semana. Os dorsais recolleranse o venres 24, unha vez entren os nen@s no cole. Para anotarse en horario de 9:10 a 10:00 no local da ANPA e, fora de ese horario, en Secretaría.

Nota: Si se vos pasa este prazo, podedes anotarvos pola vosa conta ata o día 24 As 18 horas na secretaría da Asociación de Veciños do Ensanche A ( Centro Cultural Carvalho Calero - Praza do Inferniño). Os dorsais recolleríanse na mesma secretaría o día seguinte a presentar as inscripcións. 

A correr !!!



martes, 7 de maio de 2013


XIII Milla Escolar Colexio LA SALLE


O vindeiro sábado 11 de maio a partires das 10:00, celebrarase a XIII Milla Escolar do colexio La Salle. Os interesados en participar poderanse anotar ata o martes 7  no local da ANPA de 9:15 a 9:45. Si  se vos pasou, preguntádenos ou intentádeo no colexio LA SALLE.
As bases están no cartel que está no taboleiro do ANPA. A correr... e animade aos pais e nais, tamén teñen categoría. 

domingo, 20 de xaneiro de 2013

PATINAXE PARA ADULTOS 


O pasado mércores 16, comenzaron as clases de patinaxe para os pais, nais e outros "maiores" no CEIP Recimil. Pasáronno moi ben  e esperan que se anoten algúns máis. 
Recordade os interesados que as clases son os mércores de 18 a 19 horas e que hai que traer o equipamento necesario: casco, codeiras, rodilleiras, ... e, por suposto, os patíns !!! A cuota é de 15 euros. 
Pode anotarse nesta actividade calqueira persoa, aínda que non teña fill@s no cole. 



mércores, 30 de maio de 2012

V MILLA URBANA "ARMADA ESPAÑOLA"




Domingo 3 de xuño.
Horario: de 11:00 ás 13.00 horas.
Escuela de Especialidades de la Armada “Antonio de Escaño” en Ferrol.
Preme aquí para a Inscripción




luns, 21 de maio de 2012

CARREIRA ESCOLAR ENSANCHE “A” 



Informámosvos que está aberto o prazo para inscribirse na CARREIRA ESCOLAR ENSANCHE “A” , que se celebrará o vindeiro 27 de maio, nas proximidades do Centro Cultural Carvalho Calero, a partir das 11:00 h.

Poderedes anotarvos os días 22 e 23 de maio, no local da ANPA, dende as 9:15 ás 9:45h. A entrega dos dorsais, farase o venres 25 de maio, despois da entada dos nenos no cole. A ANPA, non se fará responsable de levar á carreira, os dorsais que non sexan recollidos o venres no cole.

NOTA: os que non lles veña ven anotarse no local da ANPA, poderán ir directamente á secretaría da Asociación de Veciños do Ensanche A (situada no porpio Centro Cultural Carvalho Calero) ata o día 25 de maio ás 18:00 h, e preguntar alí, como e cando recollerán os seus dorsais.



venres, 4 de maio de 2012


XII Milla Escolar Colexio LA SALLE


O vindeiro sábado 12 de maio ás 10:30, celebrarase a XII Milla Escolar do colexio La Salle. Os interesados en participar poderanse anotar o luns 7 e o martes 8 no local da ANPA de 9:15 a 9:45. Os dorsais entregaranse o venres 11 despois da entrada dos nenos/as no colexio. 
As prediccións meteorolóxicas parecen boas!! PARTICIPADE !!