xoves, 30 de outubro de 2014

O CHÁNDAL DO CEIP RECIMIL

Temos chándals de varias tallas no local. Sabedes que non é obrigatorio pero estamos moi satisfeit@s de que cada vez se vexan máis, as cores do noso centro. Pasade a probalo e a mercalo. Son 32 euros e a calidade EXCELENTE. 




Tedes tamén un modelo na entrada do cole ao lado de secretaría.


mércores, 1 de outubro de 2014

LOMCE y Reválidas: Ley Wert a examen- www.stopleywert.org



É esto o que lles espera aos nosos fillos? Hai que preparar aos rapaces nos colexios para superar as reválidas? É ese o cometido do colexio?


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO NO CEIP RECIMIL. CURSO 2014-15


Preme aquí para ver as listaxes dos participantes nas actividades extraescolares. Ao longo dos próximos días poderá haber máis incorporacións especialmente nas segundas e posteriores peticións. Depende, en parte, das baixas que se vaian producindo. Agradecemos por tanto que os nenos e nenas que non vaian a acudir ás actividades, procedan a darse de baixa canto antes, ben no local ou por teléfono. 
Estas actividades comenzan xa a partires de hoxe día 1 de outubro.

Esperamos que tod@s disfruten e aprendan moito!!