Amosando publicacións coa etiqueta chandal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta chandal. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de marzo de 2014


Xa temos ...  O CHANDAL DO COLE!!!! 

"O que a sigue a consigue"
Para dar continuidade ao proxecto conseguimos un modelo moi semellante ao anterior, mesmas cores e mesmo prezo (32 euros) coa serigrafía nas costas "CEIP RECIMIL"
Estará dispoñible nos tallas 2,4,6,8,10,12 e 14. Se queredes velo tedes unha mostra ao lado da secretaría.
Non esperes ao próximo curso, se queres telo para fináis de abril so tes que pedilo no local da Anpa (luns e xoves de 9:15 a 9:45) previo pago dos 32 euros.

TRES RAZÓNS PARA MERCAR O CHANDAL

- Deseño e fabricación 100% galega
- Sentirás as cores do teu cole!!!!
- Prezo semellante a calquera chandal do mercado


domingo, 27 de outubro de 2013

SONDAXE SOBRE O CHANDAL  
                                                                                             
Seguimos co proxecto do chandal do cole. Temos unha nova proposta que intentará ser o máis parecida posible  ó modelo que teñen xa os nen@s.
Necesitamos saber cantos estades interesados en mercar este novo modelo. Por favor contactade coa Anpa:
-         no noso local, durante esta semana, en horario de 9:15 a 9:45 h
-         por e-mail : anparecimil@gmail.com
-         por teléfono o sms : 651697653
-         na asamblea do martes 29 de outubro


Pedimos a vosa colaboración para solucionar o cambio o máis axiña posible, xa que si non hai continuidade e suficientes nen@s interesados no chándal, será díficil cumprir este bonito proxecto.



xoves, 20 de xuño de 2013

O CHÁNDAL DO COLE                                                  





POR FIN O NOSO COLE VAI TER CHÁNDAL !!!

Informámosvos que de cara o vindeiro curso 2013-14, tódolos que queirades ter o chándal do cole, tedes a opción de encargalo. O prezo será de 30 euros e levará bordado o nome do cole , o escudo ( que está pendente de modificarse ) e poderase personalizar co nome de cada nen@.
O chándal estará exposto a partir de mañá na entrada do cole. Para máis información preguntade na Anpa.
Esperamos que vos guste a nosa iniciativa  !

CÓMO MERCO O CHÁNDAL DO COLE?

Tod@s @s que querades mercar o chándal do cole, teredes que ir a unha tenda que se chama "Solucione",  que está na Rúa Nova de Caranza nº 153. Alí xa vos aclaran as dúbidas e vos ensinan as distintas tallas. 

 Qué guapiñ@s van estar os nosos nenos co...  CHANDAL DO COLE!!!