domingo, 30 de setembro de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MUNICIPAIS. 
CEIP RECIMIL 2012-2013

Aquí están as listas das actividades que, como sabedes, inícianse o luns 1 de outubro.
As faltas de asistencia a estas actividades causará baixa nos seguintes casos:

  • 4 faltas consecutivas sen xustificar ou 
  • 6 faltas alternas sen xustificar
Teñamos en conta que hai alumnos/as en lista de espera e non deberían quedar prazas sen ocupar. Consultade as modificacións de baixas e altas no arquivo da dereita. Asimesmo, vos pediríamos que informárades canto antes das baixas voluntarias se as houbese. 
Calqueira dúbida, xa sabedes, consultade coa Anpa. 



Listas de actividades

venres, 28 de setembro de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MUNICIPAIS 



Comunicamos que están expostas as listaxes dos admitidos nas actividades, no taboleiro da ANPA, ó lado da porta de acceso principal do colexio. En breve, colgarémolas tamén neste blogue.


Ditas actividades inícianse a partir do próximo luns 1 de outubro

Para calqueira consulta sobre este tema, acudide ó local da ANPA, de 9:15 a 9:45.


domingo, 23 de setembro de 2012


BENVIDA AO BLOGUE DA ANPA DO CEIP RECIMIL

CURSO 2012-13

Xa casi finalizando o mes de setembro, este blogue da asociación de nais e pais ANPA do CEIP RECIMIL, un ano máis quérevos dar a benvida a todas as familias, e moi especialmente as que chegades novas este curso 2012-13. Como vos contamos na circular que esperemos vos chegara a tod@s, coa  vosa axuda  o que pretendemos facer este curso é:
  •       Rexistro das inscripcións para as actividades extraescolares ofertadas polo concello, que, como sabedes, xa se fixo o luns 17, martes 18 e mércores 19 en horario de 16:00 á 18:00 horas no local da ANPA.
  •       Organización dos festivais de nadal, entroido e despedida de fin de curso.
  •        Celebración do II Certame de debuxo “Carmen Martín”
  •        Servir de vía de consulta, comunicación co colexio,  suxestións, información sobre actividades, novas, etc
  •         Continuar coas reivindicacións por un Ensino Público de calidades e contra os recortes no profesorado, inversións, becas, etc que estamos a sufrir.
  •          Continuar coa campaña de prestamo de libros.
  •           É como non,  pretendemos fortalecer esta asociación, incrementando o número de socios, para poder así realizar máis actividades e ter máis forza.

A comunicación coas familias  farémola no local da ANPA dentro do colexio, no taboleiro, vía circular,  vía email cos socios, e a través do noso blogue http://www.anpaceiprecimil.blogspot.com.es Tedes tamén acceso ao blogue dende a páxina do colexio: http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil/

Contamos e agradecemos a colaboración prestada polos socios de anos anteriores e pedísmosvos que cubrades de novo o impreso da asociación abonando os 15 euros anuais. Estes cartos serán destinados a organización dos festivais, certame de debuxo e outras cousas que van surxindo. Sen a vosa axuda, todo isto non será posible.

FAITE SOCIO DA ANPA. ESTAMOS NO LOCAL  


martes, 3 de xullo de 2012

FELIZ VERÁN


E xa a 3 de xullo, este blogue despídese ata setembro. Calqueira cousa, xa sabedes, anparecimil@gmail.com 

Deixámovos un video sobre o paso do tempo, neste caso nun instituto americano. O tempo polo que foi transcurrindo o curso escolar, tempo que para os rapaces ten outra velocidade e, sen dúbida, un impacto máis grande.



Photographic Journey: Life at Blair from Tolu Omokehinde on Vimeo.

Satisfacción polo éxito da campaña de préstamo de libros



Nos últimos días do curso puxémonos a organizar esta campaña que, sen dúbida, axudou a aforrar algúns  cartos nestes momentos difíciles. Queremos agradecer a colaboración de todas as familias que se acercaron a doar os seus libros axudando así a outras familias. Estamos satisfeitos e animados a continuar e millorar esta campaña en anos venideros.  
MOITAS GRACIAS   



AVISO

Aquelas familias que quedaron de vir a recoller os libros da campaña de préstamo e ainda non o fixeron,  poden  contactar coa ANPA no noso correo electrónico:  anparecimil@gmail.com

Calqueira dúbida sobre esta campaña pódese igualmente consultar con nós a traves do noso correo. 
Saúdos



Lembrade que o curso comenza o 12 de setembro e a solicitude das actividades extraescolares no colexio farase axiña. Avisaremos os primeiros días. Pero para que nos vaimos facendo unha idea...  

 
AAEE DO CEIP RECIMIL
              Curso 2012-2013

ACTIVIDADES PARA INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA:

1º DEBUXO E PINTURA: Luns (aula)
2º PATINAXE: Luns (ximnasio)
3º FÚTBOL: Martes (patio)


ACTIVIDADES PARA PRIMARIA (DE 1º A 6º):

1º MANUALIDADES : Martes (aula)
2º KÁRATE : Venres (ximnasio)
3º DEBUXO E PINTURA: Mércores (aula)
4º INFORMÁTICA / INTERNET: Martes (aula)
5º BALONCESTO: Xoves (patio)
6º CAPOEIRA: Xoves (ximnasio)
7º BAILAE MODERNO: Martes (ximnasio)
8ª TEATRO: Mércores (ximnasio)



Ademáis, contaremos tamén como tódolos anos e fora do programa Educar o ocio, coa actividade de XADREZ.







Rematado xa o curso 2011-12 , facemos un sumario do que foi o labor desta A.N.P.A.



MEMORIA ACTIVIDADES ANPA RECIMIL

2011-12



1. Apoio na xestión das  actividades extraescolares (AA.EE.) no noso Centro.

2. Convocatoria e celebración de Asamblea Xeral Ordinaria e Asamblea Xeral Extraordinaria de soci@s.

3. Celebración Festival Nadal, coa participación  do “Colectivo Máxico Lorc and Julit”, no Ximnasio do Colexio.

4. Celebración Festival Antroido, coa participación do DJ KEKO.

5. Convocatoria do I Certame de Debuxo Carmen Martín “Ilustra o teu conto”, e posterior organización da Exposición cos dibuxos participantes, como homenaxe á nai pintora que, de forma voluntaria, confeccionóu e elaboróu o grande mural  “Biblioteca Máxica”, orgullo do noso Centro.

6. Inscrición d@s participantes na Carreira da A.VV. “Ensanche A”, en diversas categorías.

7. Participación nas sesións do Consello Escolar do centro, como membro de dereito que é a ANPA na súa composición.

8. Participación nas Asambleas da Federación de Anpa´s de Centros Públicos de Ferrolterra, da cal somos membro integrante.

9 Creación do blogue propio da nosa Anpa (anpaceiprecimil.blogspot.com.es), como escaparate e vehículo de comunicación coas familias do Centro. O acceso tamén se pode realizar vía páxina na rede do Colexio.

10. Convocatoria do día de convivencia entre familias, que finalmente foi aprazado debido ó mal tempo.

11 Presentación da nosa asociación ante as novas matriculacións para o vindeiro curso 2012-13.

12. Inscrición e asistencia ó Curso do Plan Urban (Concello de Ferrol) “PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA ENTIDADES NON LUCRATIVAS”, celebrado do 26 de maio ao 23 de xuño.

13. Inicio dunha  campaña de préstamo de libros entre as familias do noso Centro, no 3º ciclo de Educación Primaria (5º e 6º).

Ademáis, durante todo o curso:

  • mantemos aberto o noso local, de luns a venres, de 09:15 a 09:45.
  • Recollemos comentarios, suxerencias, críticas, queixas... sobre todo aquelo que afecta ás familias.
  • Mantemos diálogo continuado co Equipo Directivo do Centro.
-     etc.

Pensamos que coa participación de máis familias, ainda poderemos facer máis cousas. Esperámosvos o curso que ven.