xoves, 20 de decembro de 2012

                   CALENDARIOS 2013                    

Esta foi a circular do martes 18 de decembro para os que non vos chegou, ou non a atopades, ou non vola deron os fillos/as ou ....


SORPRESAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!

Ola, moi boas. Estamos rematando este ano, e dende a ANPA, se nos ocurríu que para comezar o próximo, podería ser unha boa idea esto que agora tedes entre as vosas máns:
o calendario 2013 do noso cole.
Chulo, non?  Ocurre que.... non é gratis, mecachis! O seu prezo é de 5 € por unidade. Pode ocurrir:
1. Que o queirades: entón, pasade por Secretaría e pagádelle a Tati o seu valor.
2. Que non o queirades: entón, por favor, devolvédeo por medio d@s vos@s fill@s no mesmo sobre no que se vos envía, e que llo entreguen ós seus titores.
Procurade pagalo ou devolvelo antes do inicio das vacacións.
Ah! O que se recaude, servirá para poder facer máis actividades na xornada de convivencia de fin de curso, organizada polo Centro e dirixida a todol@s  alumn@s.
Moitas grazas pola vosa atención.


Dende a ANPA gustaríanos insistir na finalidade que han de ter eses 5 euros, que seguro que a moitos/as vos costa pagar, e que non é outra cousa que adicarllos a algunha actividade especial nesa xornada de convivencia que tanto o centro como a Anpa temos moitas gañas de facer. 

MOITAS GRACIAS  a todos e todas os que estades a colaborar e esperamos que teñades presente cada día ese calendario o longo do vindeiro ano 2013. Se ademáis queredes mercar algún calendario máis como agasallo para os avós, tíos e demáis, reservadeo ou ben en Secretaría ou a calqueira de nós. 

NOTA: Os que non querades o calendario non vos esquenzades de devolverllo aos titores dos vosos fillos ou na Anpa,  para beneficio de todo o colexio co recaudado

Vémonos o venres no festival!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario