luns, 18 de febreiro de 2013


Estamos invitad@s á ...

CHARLA PARA PAIS E NAIS SOBRE "ACOSO ESCOLAR"  

I.E.SFERROL VELLO


Bérranme ou berran, fanme xestos de burla, métense comigo, acúsanme de cousas que non dixen ou fixo, insúltanme, rinse de min se me equivoco, chámanme por alcumes, non me deixan xogar, empúrranme, non me falan, esíxenme que lles de diñeiro, me ameazan con pegarme...

Se isto ou outras cousas están a acontecer ou aconteceron con frecuencia, é moi probable que se sexa unha vítima dunha situación de acoso escolar.

Se es unha vítima de acoso escolar, ou es pai ou nai e temes que o teu fillo poida estar a sufrilo, ou sospeitas que alguén o sufra ven á nosa charla sobre el


ACOSO E VIOLENCIA ESCOLAR

Esta na man de todos poñerlle remedio se algo está a pasar ou queremos previlo.
Cremos que é un tema moi interesante e que se está a dar con mais frecuencia do que creemos, moitos nenos/ás prefiren calar e sufrilo en silencio pois son ameazados/ás con que se din algo lles pegarán ou outro tipo de ameazas, os nenos/ás encóntranse cos seus agresores en todos lados do colexio ou fóra del e vense indefensos e illados sen saber que facer, xa que os acosadores polo xeral adoitan estar en cuadrillas e se cobren entre eles, acusando a vítima de ser ela a culpable da situación.

Se queres estar informado de como recoñecer os síntomas de ACOSO ESCOLAR e poñerlle remedio, invitámoste á charla que terá lugar na biblioteca do I.E.SFERROL VELLO.

Este Mércores día 20 do mes de febreiro las16:30 h
A charla será impartida pola Policía Nacional de Ferrol Narón.


SÓ PARA PAIS E NAIS
(Pola amplitude dos temas a tratar)

Esperámosvos




Ningún comentario:

Publicar un comentario