luns, 8 de abril de 2013



II CONCURSO DE DEBUXO     
   "CARMEN MARTÍN"  

A miña escola
Por segundo ano convocamos este concurso que como sabedes pretende ser  unha pequena homenaxe a Carmen Martín, autora  do marabilloso mural “A Biblioteca Máxica”, onde os personaxes dos contos cobran vida, convidándonos a soñar espertos, e enchen de cor e alegría a parede exterior da biblioteca do noso cole.
Queremos así agradecerlle a súa xenerosidade por este fermoso regalo.

A estas alturas os debuxos xa estarán feitos e entregados no local da ANPA ou aos titores. Esperamos que sexa, cando menos, un éxito como o ano pasado. Agora a esperar os resultados e recordade que tódolos debuxos terán o seu lugar na exposición nas paredes do colexio. 

Gracias por participar. Estade atentos...


Ningún comentario:

Publicar un comentario