venres, 24 de maio de 2013



Os nosos PARABÉNS á ANPA e aos rapaces do CPI de San Saturnino polo magnífico video protesta sobre o proxecto dos comedores escolares. Mostramos tamén a nosa preocupación ante a situación de algunhas familias que non saben como lles van dar de COMER aos seus fill@s. 





A partir do curso que vén, os comedores escolares da Xunta deixarán de ser gratuítos para milleiros de familias. O prezo pode chegar aos 4,5 euros diarios por cada neno ou nena segundo a renda familiar do 2011. Un custe demasiado elevado para moitos pais e nais que hoxe manteñen un fogar con axudas mínimas.... ou incluso sen elas.
Vídeo producido pola ANPA do colexio público de San Sadurniño en protesta polo proxecto de repagamento dos comedores escolares que a Consellería de Educación pretende levar a cabo.
Guión e realización: César Galdo (Entremedias Comunicación)
Son: Miguel Noval Bouza
Coordinación de actores: Pedro Picos (Bucanero)
Actores: Roi Picos, Bárbara Pouso, Santi Díaz, Pedro Picos e 19 nenos e nenas máis de distintos cursos do CPI de San Sadurniño.
Música Creative Commons de Augustus Bro & Gallery Six











Ningún comentario:

Publicar un comentario