luns, 9 de decembro de 2013

COMENZA A ESCOLA DE SAÚDE PARA FAMILIAS NO CEIP RECIMIL
O pasado mércores  4 de decembro, tivo lugar no noso cole a primeira sesión dos talleres para nais e pais organizados pola asociación ASFEDRO. O tema fundamental destes talleres é a prevención das drogodependencias, pero ademáis tamén se tratarán outros temas de gran interés para as familias. Temas como normas e límites, a importancia dunha boa comunicación cos nosos fillos e fillas, a saúde, outras adiccións relacionadas coas novas tecnoloxías, etc, todo isto encamiñado a poñer todo o noso esforzo e coñecemento na procura dun desenvolvemento saudable.
Son oito xornadas os mércores dende ás 16:15 ata ás 17:45. Hora e media na que aprender, preguntar, escoitar... Xa hai un grupiño de 10 ou 12 familias e sigue aberto a calqueira que esté interesado. 
Moi interesante!





Ningún comentario:

Publicar un comentario