domingo, 23 de febreiro de 2014

RECLAMACIÓN A INSPECCIÓN

 O pasado 7 de febreiro esta ANPA, acompañada do presidente da Federación de Anpas Javier Sánchez,  reuníuse coa inspectora  para amosar a nosa preocupación pola insuficiente dotación de profesorado de apoio xa dende o principio do presente curso. Esta situación, ademáis,  veuse incrementada recentemente pola incorporación ao centro dun grupo grande de alumnado, proveniente en moitos casos de situacións sociais desfavorecidas e con grandes necesidades educativas especiais. 

Presentamos un escrito  demandando que se tivera en conta a situación especial deste centro e para que se tomasen medidas inmediatas que incluíran a dotación dos recursos humáns necesarios para evitar o deterioro deste colexio.

 Por outra banda, a dirección do colexio dirixírase tamén polo mesmo motivo á inspectora. 

  Como resultado, informámosvos de que conseguíuse polo menos un profesor máis de apoio a media xornada, o sexa "medio" profesor/a. Valoramos positivamente este incremento, ainda que non estamos de todo satisfeitos pois pensamos que "medio" profesor non é suficiente, por non mencionar o feito de que xa temos "tres medios" profesores que non é o mesmo que 2 profesores ou tan sequera 1 profesor e medio, por moitas matemáticas que nos ensinaran no cole. En fin...

  Pois eso, "medio" satisfeitos e vixiantes. A ver ...



Ningún comentario:

Publicar un comentario