martes, 9 de setembro de 2014

BENVIDA AO CURSO 2014-15

Un curso máis queremos darlle a benvida a toda a comunidade educativa do CEIP RECIMIL, especialmente aos pequerrech@s de 3 anos e as súas familias que xa coñecimos na xuntanza da semana pasada. 
Esperámosvos coma sempre no pequeno local para informar, axudar, prestar libros, etc e contamos con que, xa coas pilas cargadas, colaboredes @s que podades con esta asociación para o que faga falta.
Podedes pasar xa a cubrir a ficha de soci@ para este curso. A cota segue sendo de 15 euros anuais, que vos dará dereito a entrar de balde nos festivais. E recordade que CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS COUSAS FAREMOS. 

MOITO ÁNIMO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario