martes, 15 de setembro de 2015

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN

O vindeiro venres 18 os pais e nais do CEIP Recimil exporemos ante o Pleno do Concello de Ferrol a problemática xurdida trala decisión das autoridades educativas de non cubrir no noso colexio dúas prazas de mestre e de suprimir unha unidade de Educación infantil. Esta posibilidade xurde grazas a presentación por parte do BNG dunha moción alusiva a esta situación. Solicitaremos o apoio institucional do Concello para as nosas reivindicacións en defensa dos dereitos dos nosos fillos.

Aproveitando esta circunstancia, convocamos a toda a comunidade educativa do CEIP Recimil e a todas as entidades e veciños de Ferrol que desexen apoiarnos, a unha concentración diante do concello ás 9:30 horas. A continuación accederemos ao Pleno, que terá lugar ás 10:00 horas e ao que convidamos a asistir a toda persoa interesada.

Como acto simbólico levaremos globos cos nomes dos nosos nenos e carteis alusivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario