PRÓXIMAS ACTUACIÓNS EN CONTRA DOS RECORTES NOS CEIP RECIMIL
O vindeiro mércores, ás 9:30 horas, os pais e nais afectados polos recortes educativos dirixirémonos ó edificio administrativo da Xunta en Ferrol, onde presentaremos por rexistro escritos individuais solicitando que o Xefe Territorial de Educación, D. Indalecio Cabanas, se reúna cos nosos representantes de forma urxente, antes do día 9 de outubro. Ó mesmo tempo presentaremos escrito dirixido ó Sr. Conselleiro de Educación, D. Román Rodríguez, explicándolle a realidade da problemática xurdida no noso colexio e exixindo a anulación das decisións tomadas.
Por outra banda, en breve poremos follas de recollida de sinaturas a disposición de todo aquel que queira manifestar o seu rexeitamento a estas medidas e o seu apoio ás nosas reivindicacións. Estas follas estarán dispoñibles no local da ANPA e en diversos establecementos colaboradores.
Animámosvos á unión e colaboración entre todos!
Facede a recollida tamén nas redes. Tal vez o de change.org pode ir ben se sabedes que tería seguimento.
ResponderEliminarSaúdos