Esta Anpa do CEIP Recimil, informamos da Xornada de Portas Abertas na tarde do martes-1 de marzo dirixida as novas familias que optan por matricular aos seus fillos e fillas neste centro educativo público.
A este acto foron convidadas todas as entidades sociais, educativas, culturais, comerciais deste barrio de Recimil, onde o equipo directivo e claustro de mestras tiveron a oportunidade de explicar as actividades educativas e culturais que veñen desenvolvendo este alumnado do Recimil.
Queremos expresar o noso recoñecemento e agradecemento a concellaría de Asuntos Sociais, en especial as súas técnicas polo traballo desenvolvido no barrio e este acto, a concellería de Educación e Cultura, Federación de Anpas Públicas e o esforzo do equipo directivo deste centro escolar.
Esta Anpa amosamos o noso recoñecemento co claustro de profesores pola entrega, dedicación e indiscutible traballo cultural, integración social e unha excelencia formación educativa de calidade.
Damos a benvida as novas familias e animamos a potenciar a educación pública de calidade e universal.
Saúdos.-
- Directiva Anpa .-

--
A N P A R E C I M I L
Ningún comentario:
Publicar un comentario