FOLGA ENSINO
9 de MARZO-2017
XORNADA DE FOLGA NO ENSINO
A totalidade da comunidade educativa do Estado convocou, para o vindeiro xoves día nove de marzo e en todos os niveis educativos do ensino, unha nova xornada de folga contra a LOMCE. Esta convocatoria vai dirixida á docentes, nais/pais e alumnas/os.
Dende esta Federación de ANPAs, e por medio deste escrito, pretendemos expoñer brevemente cales son as razóns que xustifican a necesidade desta nova convocatoria de folga, mais aínda cando se están a escoitar voces desmobilizadoras que pretenden facernos crer que xa todo esta solucionado.

As consecuencias da implantación da LOMCE son claras, o establecemento final dun MODELO EDUCATIVO NEOLIBERAL que pretende formar a unha maioría social como traballadoras/es e consumidoras/es, con escasa formación persoal e cultural e cunha clara formación técnica moi especializada, maioría social que servirá a un mercado laboral completamente liberalizado como “man de obra barata”. Doutra banda permitirá a unha elite social, que dispón de grandes recursos, formar ás súas fillas e fillos na chamada “educación da excelencia” para continuar sendo elite.
É ESTE O MODELO EDUCATIVO QUE QUEREMOS PARA AS NOSAS FILLAS E FILLOS?
Porqué é necesario que a comunidade educativa continúe mobilizándose? Como ben recordaredes, na campaña electoral TODOS os partidos políticos, excepto o Partido Popular, PROMETERON DERROGAR A LOMCE canto houbera unha maioría parlamentaria alternativa no Parlamento Español. Hoxe existe esa maioría parlamentaria alternativa, mais a LOMCE continúa VIXENTE e as nosas fillas e fillos xa están sufrindo as perniciosas consecuencias desta lei antidemocrática.
Que é o que realmente se fixo no Parlamento Español? Pois no Parlamento, de momento, non se fixo NADA. O Goberno aprobou o día 9 de decembro pasado un Real Decreto Lei por motivos de urxencia. Esta norma NON pode derrogar a LOMCE e, exclusivamente, “paraliza o calendarios de implantación das reválidas” eliminando os efectos académicos ate que se aprobe o “pacto pola educación” asinado entre “PP” e “Ciudadanos” ao que, agora, sumouse o “PSOE”. Consecuentemente con isto as reválidas de 3º e 6º de primaria e a de 4º da ESO continuarán facéndose, é certo que de momento de xeito “censal”, pero como ninguén sabe a que centro lle tocará a “lotería” da proba e todos necesitamos ter bos resultados, pois seremos obedientes e aplicaremos a LOMCE sen chistar, non vaia a ser o demo!
QUE É O QUE DEMANDA A MAIORÍA DA COMUNIDADE EDUCATIVA?:
ESIXIMOS que se cumpran as promesas electorais e SE DERROGUE INMEDIATAMENTE A LOMCE. Para iso non hai mais que restablecer a LOE coa redacción anterior a aprobación da LOMCE, recordaredes que a lei educativa vixente e a LOE.
ESIXIMOS que en todo o Estado se constitúan as mesas de traballo necesarias para que estean presentes a totalidade das organizacións que representan ao conxunto da comunidade educativa (docentes, alumnas/os, nais/pais, expertos, administración, partidos políticos, etc..,). Non queremos un “seudo” pacto pola educación entre os de sempre, e que ao final non se mude nada.
ESIXIMOS que esas mesas de traballo, na que todas/os estaremos representadas/os, e no tempo que sexa necesario, elaboren o tan desexado por todas/os MODELO EDUCATIVO DE CONSENSO.
NON a LOMCE !!
NON aos RECORTES !!
NOVA LEI EDUCACIÓN !!
- Directiva .-
Ningún comentario:
Publicar un comentario