martes, 25 de setembro de 2018

COMUNICADO DE AUSENCIA

    O equipo directivo da Anpa de Recimil quere disculparse de antemán, pola ausencia nas reunións de presentación do equipo docente, ós pais de alumnos que cursen 3º, 4º e 6º de primaria. Era o noso desexo presentarnos, que as nosas caras vos foran familiares e contarvos polo miúdo o noso proxecto de Anpa para este curso.

   Así tamén,  queriamos poñeros un pouco en antecedentes das dificultades polas que estamos a pasar  para sacar adiante un dos proxectos máis ambiciosos  e co que máis nos estabamos a publicitar para animar a tódolos pais a unirse a nós como socios. Proxecto que imos ter que aparcar de cara ó ano que ven co fin de estudialo da maneira o máis correcta posible.

   Sen embargo resultanos imposible, por uns e outros motivos, participar esta tarde nas reunións. Aínda así, queremos animaros a colaborar con nos, somos un pequeno equipo con moitas ganas de traballar polo noso colexio e polos vosos fillos. Temos unha chea de ideas lindas que levar a cabo e canto máis apoio recibamos, maior beneficio para todos.

  Boa tarde.


Ningún comentario:

Publicar un comentario