martes, 13 de maio de 2014

VIII MILLA ESCOLAR LA SALLE


Un ano máis celébrase a Milla Escolar organizada polo colexio La Salle. 
A carreira terá lugar o vindeiro sábado 17 de maio ás 10:30.
O prazo para anotarse será dende o venres 9 ata o vindeiro martes 13 inclusive. 
Poderedes anotarvos no local da Anpa ou na Secretaría do cole. Tamén podedes anotarvos no cole na tarde do martes 13 de xuño, que como saberedes celébrase o Día da Familia, a que vos animamos a asistir. 
Tedes toda a información das distintas categorías no cartel que está na porta da esquerda da entrada principal do cole. 

NOTA: Tódol@s nen@s que teñades o chándal do cole, animádevos a levalo!

A correr....


Ningún comentario:

Publicar un comentario