domingo, 23 de febreiro de 2014

RECLAMACIÓN A INSPECCIÓN

 O pasado 7 de febreiro esta ANPA, acompañada do presidente da Federación de Anpas Javier Sánchez,  reuníuse coa inspectora  para amosar a nosa preocupación pola insuficiente dotación de profesorado de apoio xa dende o principio do presente curso. Esta situación, ademáis,  veuse incrementada recentemente pola incorporación ao centro dun grupo grande de alumnado, proveniente en moitos casos de situacións sociais desfavorecidas e con grandes necesidades educativas especiais. 

Presentamos un escrito  demandando que se tivera en conta a situación especial deste centro e para que se tomasen medidas inmediatas que incluíran a dotación dos recursos humáns necesarios para evitar o deterioro deste colexio.

 Por outra banda, a dirección do colexio dirixírase tamén polo mesmo motivo á inspectora. 

  Como resultado, informámosvos de que conseguíuse polo menos un profesor máis de apoio a media xornada, o sexa "medio" profesor/a. Valoramos positivamente este incremento, ainda que non estamos de todo satisfeitos pois pensamos que "medio" profesor non é suficiente, por non mencionar o feito de que xa temos "tres medios" profesores que non é o mesmo que 2 profesores ou tan sequera 1 profesor e medio, por moitas matemáticas que nos ensinaran no cole. En fin...

  Pois eso, "medio" satisfeitos e vixiantes. A ver ...



martes, 4 de febreiro de 2014

REMATA A ESCOLA DE SAÚDE PARA FAMILIAS NO CEIP RECIMIL

O pasado mércores  29 de xaneiro, despedíamos os talleres para nais e pais organizados pola asociación ASFEDRO. O tema fundamental destes talleres foi a prevención das drogodependencias e outras adiccións, como as relacionadas coas novas tecnoloxías.
Como conclusión, falábamos de NON PREOCUPARSE SENÓN DE OCUPARSE. Pois é nestas edades previas a adolescencia, cando estamos no tempo de  fomentar nos nosos fillos e fillas o sentido da responsabilidade, o autocontrol e a tolerancia á frustración, e de ahí a importancia da existencia de normas e límites na familia, de establecer vías de comunicación, de compartir experiencias. 
Quedáronsenos as xornadas cortas pola intensidade dos temas a tratar. Esperamos que a experiencia volva a repetirse e poder contar con máis familias. Moi recomendable. 
Deixámovos algunhas ligazóns moi interesantes. Tamén temos no local material fotocopiable. 
Sobre drogas:
E sobre as TIC, Tecnoloxías da Información e Comunicación:



domingo, 12 de xaneiro de 2014


FESTA DE NADAL DA ANPA 


Queremos agradecer a tódolos de 6º, a colaboración na festa do 20 de decembro. Sin eles non o teríamos pasado tan ben. Alegrámonos moito da recaudación que fixeron, porque a merecen e ...


... porque son un@s chic@s excelentes!!


Gracias tamén a tod@s os demáis participantes e esperamos que o pasárades ben!!

Fixemos unha presentación con fotos da festa como agasallo. Temos que buscar o momento para vela no cole. 




                        CALENDARIO 2014



Tal e como xa vos indicamos, o prezo do calendario é de 5 euros. As opcións son:

1. Os que o queirades: mandade de volta o sobre no que vai o calendario, cos cartos dentro. Pódese entregar ao titor ou ben no local da ANPA.

2. Os que non o queirades: por favor, devolvede o sobre co calendario. 

Recordade que dos cartos recadados, beneficiaranse tódolos nen@s do cole e serán destinados á realización de máis actividades na xornada de convivencia do cole. 

Grazas a tod@s e esperamos que vos guste!!  



LOTERÍA DE NADAL DA ANPA  nº 73116
E NOVO HORARIO DO NOSO LOCAL

Non tocou o gordo pero sí o reintegro. Tod@s aqueles que queirades cobralo, podedes pasar polo local da ANPA no seu actual horario: 
LUNS E XOVES DE 9:15 Á 9:45 DA MAÑÁ


xoves, 19 de decembro de 2013



DENDE A ANPA DO CEIP RECIMIL ...





... E OS MILLORES DESEXOS PARA O 2014 !!!!

... E QUE NOS TOQUE A LOTERÍA !!!

VÉMONOS NA FESTA



"Educando en Familia"

"Acción Familiar", asociación de orientación e  apoyo á familia organiza o curso "Educando en Familia"
Ahí vos queda o enlace por si é do voso interés e o resume do programa:
Programa dirigido a padres y madres sobre la educación en familia, impartido en las sedes de las empresas en las que trabajan
El objetivo es facilitar la conciliación de la vida familiar y laboral a través de una iniciativa de la empresa que les ofrece ayuda para la educación de sus hijos, incluyendo ésta en sus programas de formación continua. Procura:
  • Mejorar la capacidad educativa de las familias.
  • Prevenir todo tipo de riesgos sociales desde la familia.

La duración de los seminarios es de 10 horas, repartidos en cinco sesiones e  impartidas en las empresas.