ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO NO CEIP RECIMIL. CURSO 2014-15
Preme aquí para ver as listaxes dos participantes nas actividades extraescolares. Ao longo dos próximos días poderá haber máis incorporacións especialmente nas segundas e posteriores peticións. Depende, en parte, das baixas que se vaian producindo. Agradecemos por tanto que os nenos e nenas que non vaian a acudir ás actividades, procedan a darse de baixa canto antes, ben no local ou por teléfono.
Estas actividades comenzan xa a partires de hoxe día 1 de outubro.
Esperamos que tod@s disfruten e aprendan moito!!
mércores, 1 de outubro de 2014
martes, 30 de setembro de 2014
O PASADO LUNS 29 QUEDOU ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO
PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL DO CONCELLO DE
FERROL, XOGOTECA.
As solicitudes preséntanse no Rexistro do Concello.
Deixámosvos ligazón á noticia publicada o pasado xoves 25 no periódico dixital Ferrol 360, sobre Becas de comedor
Espérase para esta semana a publicación definitiva dos beneficiarios das mesmas.
xoves, 25 de setembro de 2014
Piden destituciones en los centros educativos de A Gándara y A Solaina - Comarcas - Diario de Ferrol
SEN XESTIÓN OS ALMORZOS ESCOLARES EN VARIOS CENTROS EDUCATIVOS DE NARÓN
Piden destituciones en los centros educativos de A Gándara y A Solaina - Comarcas - Diario de Ferrol
Aquí tedes o comunicado de prensa completo enviado á prensa dende a Federación de Anpas da que forma parte esta asociación.
Postura da Federación Comarcal de ANPAS de Ferrolterra
Imos para atrás... perdendo dereitos, servicios,...
mércores, 17 de setembro de 2014
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO PROGRAMA EDUCATIVO MUNICIPAL CURSO 2014-2015
Inscricións no local da ANPA o martes 23 de 16:30 ás 18:00 horas. Preme na seguinte ligazón para máis información:
https://drive.google.com/file/d/0BzSoy7QGqKVAcHBKZThhT0gyYlpfMG02cDdPdkEtY1djbWpr/edit?usp=sharing
martes, 9 de setembro de 2014
BENVIDA AO CURSO 2014-15
Un curso máis queremos darlle a benvida a toda a comunidade educativa do CEIP RECIMIL, especialmente aos pequerrech@s de 3 anos e as súas familias que xa coñecimos na xuntanza da semana pasada.
Esperámosvos coma sempre no pequeno local para informar, axudar, prestar libros, etc e contamos con que, xa coas pilas cargadas, colaboredes @s que podades con esta asociación para o que faga falta.
Podedes pasar xa a cubrir a ficha de soci@ para este curso. A cota segue sendo de 15 euros anuais, que vos dará dereito a entrar de balde nos festivais. E recordade que CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS COUSAS FAREMOS.
MOITO ÁNIMO!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)