martes, 7 de maio de 2013


 ANPA CEIP RECIMIL                                                
                           
               FOLGA XERAL  XOVES 9 DE MAIO

 ""  Conxunta por 1ª vez na historia entre o profesorado, familias e alumnado ""

 A EDUCACIÓN ...na súa 7ª reforma lexislativa

-  Nace sen consenso
-  Diminúen os contidos de ética, responsabilidade social e cidadanía.
-  Dificulta a intervención nas aulas con diversidade, especialmente se a rátio do alumnado é maior.
-  Deixa ao Consello escolar como un órgano consultivo (agora é de debate e de goberno por parte das familias, profesorado e ANPA, no que se aproba o orzamento, a programación, a propia elección de director/a, admisión  de alumnado...)
-  Aumenta a inestabilidade laboral do profesorado, rebaixa os seus dereitos e autonomía, desmotivándoo na educación dos nosos fillos/as e obrigándoo a impartir materias que non son da súa especialidade.
-  Discrimina o alumnado con menos recursos económicos.
-  Exclúe por colectivos, etnias, clase social, centros e segrega mediante os mecanismos de reválidas.
-  Deixa á Comunidade Autónoma sen capacidade para establecer contidos obrigatorios, que veñen marcados polo goberno central.
-  Promove ao alumnado con altas capacidades relegando a aqueles/as que non as posúen a un segundo plano.
-  Agudiza as diferenzas entre o alumnado pola capacidade económica das súas familias e o seu “éxito académico”.
-  Promove a contratación de avaliacións privadas de carácter estatal do rendemento do alumnado e do centro, fomentando a competitividade.
-  Entende a educación xeral e obrigatoria coma unha ferramenta do mercado e non coma un xeito de formar persoas, dándolles acceso  á  cultura.

Invitámosvos a participar activamente a través das 
concentracións que terán lugar en Ferrol:

O XOVES 9 ás 11:30 diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

O XOVES 9 ás 19:30 diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia , convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario