martes, 14 de maio de 2013


II CERTAME DE PINTURA “CARMEN MARTIN”  

NORABOA !!!  a tod@s @s participantes polos magníficos debuxos que teñen xa o seu espacio na exposición á que estades todas as familias invitadas. A exposición está situada no pasillo de Secretaría e o horario de visitas será polas mañás de 9:15 a 11:30 e o tamén polas tardes de 5 á 6, ata o 24 de maio. Aproveitade tamén para visitar a magnífica Exposición do Mar na biblioteca do cole. 

E os gañadores son  ... 


EDUCACIÓN INFANTIL

1º PREMIO: Yeabsira Fernández Valdivieso – 6º A
2º PREMIO: Alba Sofía Nieto Flórez – 6º A
3º PREMIO: Nadia Drafate García – 4º

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º CICLO
1º PREMIO: Marina Pajón Area – 2º A
2º PREMIO: Daniel Pita Senra - 1ºA
3º PREMIO: Carlota Bermúdez Blas – 1º A

2º CICLO
1º PREMIO: María Casal Prego – 3º B
2º PREMIO: Iago Grandal del Río – 3º A
3º PREMIO: Ana Piñeiro Corral – 3º B

3º CICLO
1º PREMIO: Yahaira Pena Vélez – 5º B
2º PREMIO: Sara Gundín Torres – 6º B
3º PREMIO: Natalia Torres Bastida – 5º B



MENCIÓNS ESPECIAIS

Duna Bermúdez 4º A  Pola variedade de expresións no rostro
Pablo Pajón 4º B  Pola composición tan particular
Iago Rodríguez 4º B  Pola súa versión do cole tan traballada e expresiva
Irene Rodríguez 1º B  Pola delicadeza e variedade de cores
Andrea Uceira 5 anos  Pola expresividade conseguida
Leqi Zheng 5 anos  Polo simbolismo
Mario Santalla 5 anos  Pola súa viveza
Pablo Fonticoba 4 anos  Por ser especialista en debuxos de mandilóns
Claudia Leira 4 anos  Polo dominio do pincel e da auga
Saúl Fernández 4 anos  Pola súa visión do espacio
Elena 4 anos  Polo seu concepto do colexio
Yeray Borja 4 anos  Polo misterio conseguido
Yaiz Romero 3º A  Por expresar dun modo tan claro a entrada e saída do xigantesco colexio
Junshan Gao 3º B  Pola sutileza do trazo e a delicadeza


Xurado: Carmen Martín e Anxo Varela

Os premiados e tódolos participantes recibirán agasallos, nun acto que terá lugar no mes de xuño.
Dende a ANPA agradecemos a participación destes magníficos artistas así como a colaboración do colexio e das familias. Felicitámosvos e agardamos unha masiva participación na próxima edición deste Certame de Debuxo Carmen Martín para o vindeiro curso. 


 Aquí tedes algunhas fotos da exposición, ainda que, non sendo moi boas, tedes que ver os debuxos orixinais.










Ningún comentario:

Publicar un comentario