luns, 5 de maio de 2014

Tiñamos un pouco abandonado este blogue ultimamente coas vacacións e pontes pero xa estamos aquí de volta. 

Xa remantado o prazo para a presentación dos debuxos estamos a espera das deliberacións do xurado. En calqueira caso, sexa o que sexa,  todos os debuxos son merecedores da nosa máis sincera noraboa. 
Gracias a todos e todas pola vosa participación
Ahí quedan as bases por si as queredes revisar.

BASES III CONCURSO DE DEBUXO “CARMEN MARTÍN” 2014 


TEMA: " O MEU/A MIÑA PROFE E MAIS EU"


CATEGORíAS: Poderán participar tódolos alumnos do centro, presentando un debuxo por nen@. Establécense as seguintes categorías:
·Educación Infantil.
·Primeiro ciclo (1º e 2º Primaria)
·Segundo ciclo (3º e 4º Primaria)
·Terceiro ciclo (5º e 6º Primaria)

FORMATO: En tamaño DIN A3 que será facilitado pola ANPA en colaboración co centro.

DATOS: Os traballos deberán levar escritos os seguintes datos:
·Nome do alumn@
·Curso

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Último día de entrega o  VENRES 25  de Abril.

XURADO: Estará formado polos pintores ferroláns ANXO VARELA e CARMEN MARTÍN.

PREMIOS: Establécense tres premios por categoría.


Unha vez máis queremos adicar este certame de debuxo a nosa pintora ferrolá Carmen Martín, autora do marabilloso mural “A Biblioteca Máxica”, onde as personaxes dos contos cobran vida, convidándonos a soñar espertos, e enchen de cor e alegría a parede exterior da biblioteca do noso cole. Queremos así agradecerlle a súa xenerosidade por este fermoso agasallo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario